O pasado venres o alumnado de 5º curso de educación primaria participou na xornada zonal de ATLETISMO EN PISTA AO AIRE LIBRE xunto a outros colexios do Baixo Miño como Sobrada, Nº 1 de Tui, Randufe, Rebordáns, Nº 2 de Tui ou Pazos de Reis.
A xornada tivo foi un éxito de participación onde preto de 200 nen@scompetiron nas diferentes modalidades atléticas de salto de lonxitude, carreira de velocidade (50 metros), lanzamentos de peso (2 kg) e vórtex, carreira de resistencia (500 metros) e a proba de relevos 4 x 80 metros por equipos.
Destacar a toda a clase durante toda a xornada cun excelente comportamento e actitude deportiva.
Mañá venres 18 de marzo, nas instalacións da Macocaen Pazos de Reis (Tui); voltamos a participar nas probas de atletismo en pista coa clase de 5º de Ed. Primaria con outras 7 escolas de Tui e Tomiño, como por exemplo cos CEIP de Pazos de Reis, Rebordáns, Nº 1, Randufe, Sobrada ou Nº 2 de Tui.
Comezaremos as 10.30 coa 1ª quenda e series de:
Lanzamento de Vórtex: Micaela Passos e Mara Argüelles.
Carreira de Velocidade (60 metros): Erik Leyenda
Lanzamento de Peso (2 kg): Pablo Fernández
Seguiremos coa 2ª quenda coas modalidades:
Carreira de Resistencia (500 metros): Adam Kalai
Salto de Lonxitude: Lorena Vaz
Para terminar a partir das 12.15 coa 3ª quenda; coa proba estrela da carreira de relevos 4x80 metros por equiposde 4 atletas:
Lorena Vaz
Erik Leyenda
Adam Kalai
Julián Álvarez
Causa baixa por lesión pero estara animando "Xoán".
A clase de quinto curso proclamouse subcampiona de atletismo en pista o pasado 13 de xuño no estadio da xuventude en Pontevedra, lugar no que competiu con outras 21 escolas.
Sen dúbida ten moito mérito o acadado por este grupo, que derrochou alegría, esforzo e traballo en equipo animándose.
Destacar os segundos postos alcanzados nas 3 carreiras de relevos 4 x 60 metros.
O alumnado de 5º de educación primaria proclamouse CAMPIÓN de Atletismo en Pista na Macoca.
O pasado més de marzo celebrouse nas instalacións da Macoca en Pazos de Reis (Tui) a proba zonal de Atletismo en pista para o alumnado de 5º curso dos diferentes colexios da zona. A xornada comezou coas probas de lanzamentos de vortex, peso e as series de velocidade. A continuación tocoulle a quenda a salto de lonxitude e as series de Resistencia, por último pudemos desfrutar dunhas emocionantes series de relevos 4 x 100 metros en equipos.
Destacar o fantástico ambiente deportivo, o esforzo e o afán de superación que demostraron tod@s os nen@s por mellorar e facelo o mellor posible, e AGRUDEBAM que unha vez máis organizaron todo de xeito excelente.
En canto aos resultados acadados temos que felicitar o alumnado de 5º polo primeiro posto acadado con 91 puntos sumados entre os dous equipos que levamos, superando por moi pouca diferenza a outros colexios con 3 equipos, como Randufe que conseguiu 90 puntos.
Nuria e Tati conseguiron gañar as súas series en salto de lonxitude, Laura quedou primeira en resistencia (500 metros), en velocidade (Mayra e Youssef) quedaron segundos nas súas series, Lucas obtivo un primeiro posto en lanzamento de vortex e nas carreiras de relevos en equipo acadamos outro primeiro e segundo posto nas nosas series.
Moitos parabéns a tod@s e a seguir practicando deporte con ilusión.