Skip to Content

Educación Física

Iniciación o piragüismo no río Miño

Onte as clases de quinto e sexto de primaria desfrutaron toda a mañá dunha xornada de iniciación ao piragúismo no Miño. Sen dubida unha boa experiencia.

Agradecer ao Concello de Tui e a os monitores Jose Luis Bouza, Sito e Potri do clube de piragüismo de Tui pola súa paciencia e disposición, moitas grazas e sorte.

PANEL INFORMATIVO DE EDUCACIÓN FÍSICA

PANEL DO CONCURSO DE DEBUXOS SOBRE AS CARREIRAS

XOGANDO NO RECREO (Tempo de lecer activo)

CARTEL DAS QUENDAS E DISTINTOS RECUNCHOS DE XOGOS

 MATERIAL DO PRESTAMO NOS PATIOS DO EXTERIOR

XOGANDO NO RECREO (Tempo de lecer activo)

Nestas imaxes podemos ver diferentes xogos ofertados no proxecto "xogando no recreo", co obxectivo de dinamizar os distintos espazos do colexio e fomentar a actividade lúdico entre o alumnado.

DERRADEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN VIARIA NO RECREO

O pasado luns día 29 participamos na 4ª e derradeira sesión de educación viaria no pavillón do colexio, polo tanto xa NON hai que traer as bicicletas durante este curso.

ACROSPORT NA CLASE DE SEXTO

O alumnado de sexto está traballando actividades ximnásticas durante a unidade didáctica do terceiro trimestre sobre o "Acrosport". Sen dúbida uns verdadeiros artistas moi creativos.

Xogando no recreo

Terceira xornada de Educación Viaria no recreo

Hoxe luns 22 de maio, levouse a practica unha nova xornada de educación viaria. O percorrido tivo unhas pequenas novidades e pouco a pouco os nen@s van aprendendo a importancia de respectar as normas de circulación.

Parabéns aos voluntarios do control e os/as ciclistas.

Éxito no Provincial de Tenis de Mesa

 

 

O pasado sábado día 20 de maio, disputouse en Sobrada a fase provincial de Tenis de Mesa, a nosa escola estivo representada por Braian González da clase de quinto, o cal obtivo un meritorio úndecimo posto, todo un éxito xa que é o primeiro ano que participa.

Parabéns e a  animar a tod@s a practicar deporte.

5ª XORNADA DE DINAMIZACIÓN ESCOLAR CEIP DE GUILLAREI - CEP ALTAMIRA

A próxima semana, o día xoves 25 de maio, recibiremos a visita noa nosa escola do CEP ALTAMIRA de Salceda de Caselas para participar na derradeira xornada de dinamización deportiva.

Nova xornada de educación viaria no cole

 

 

Final de Tenis de Mesa Zonal

 

O pasada semana celebrouse no pavillón de Sobrada oa final do campionato zonal de Tenis de Mesa.

1ª XORNADA DE EDUCACIÓN VIARIA NO CEIP PLURILÍNGÜE DE GUILLAREI

 

 

O pasado luns 8 de maio no tempo de lecer organizamos a primeira xornada de educación viaria no pavillón da escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut