Skip to Content

Tel: 886 11 08 01 e 886 110 802 e-mail: ceip.guillarei@edu.xunta.gal

Continuidade do proceso de aprendizaxe durante a suspensión das clases

Debido ao parón das clases derivado da pandemia COVID 19, dende o centro facilítanse o acceso a uns materiais dixitais para que o alumnado poda proseguir co proceso de aprendizaxe.

O acceso a estes materiais está pensado para poder ser feito dende calquer dispositivo móbil, puidendo imprimirse en calquera impresora ou fotocopiadora. Rógase a colaboración das familias no seguimento e apoio do proceso de ensino aprendizaxe do alumnado, así como no soporte ou axuda ás nais e pais que, polo motivo que sexa, teñan dificultade en acceder a estas carpetas dixitais.

 


 

 

Dinamización da lingua galega

 

CONSELLOS PARA COLABORAR COAS TAREFAS 

 

1. Establecer un sitio axeitado para realizar as tarefas libre de distraccións.

2. Fixar un momento do día. Preferiblemente de mañá para coincidir co hábito do colexio.

3. Supervisar ao neno/a durante a tarefa. Non é preciso facer as tarefas con eles, xa que teñen que adquirir autonomía.

4. Preguntar se o neno/a entendeu a tarefa. Explicar con outras palabras de ser preciso.

5. non recompensar por facer as tarefas. Nin facerllas ver coma un castigo.

6. Falar das tarefas sempre con términos positivos. Pois grazas a estas mellorarán e reforzarán so seus coñecementos. 

 

Moitas grazas!

ADMISIÓN DO ALUMNADO

ADMISIÓN DO ALUMNADO

FASE FINAL DE BÁDMINTON EN TOMIÑO

Hoxe mércores 19 de febreiro do 2020 imos participar na fase final de bádminton do Baixo Miño no pavillón da Carballa en Tomiño. 

Van representar a nosa escola os seguinte alumn@s:

  • Brais Alfaya
  • Violeta Coello
  • Houda El Jabraoui
  • Lorena Vaz
  • Mara Argüelles
  • Antonio Soto

Moita sorte a tod@s e a disfrutar facendo deporte. 

Lembrar o bus sae as 15.50 e regresa sobre as 20 horas aproximadamente  ao colexio. 

 

XORNADA PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Se tes curiosidade por coñecer as nosas instalacións os días 19 e 20 de febreiro tes unha oportunidade excelente.

Achégate ao noso cole eses días de 16:30 a 17:30 e coñece cada rincón do futuro colexio do teu fill@.

Tamén existe a posibilidade de realizar a visita de mañá, avisando con antelación no número 886 110 801.

Ven a coñecernos!!!

La imagen puede contener: texto

PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS EN VIGO

Mayra, Uxía, Houda, Alejandra, Laura e Kholoud (Equipo Infantil Fem.)

O pasado sábado 1 de febreiro de 2020, celebrouse a proba provincial de campo a través no parque de Castrelos de Vigo. O noso colexio participou en varias categorías. Tod@s correron con moito esforzo e ilusión.

Moitos parabéns a todos os participantes.

Anais e Lorena (Benxamín Fem.)

Saula (Cadete Fem.)

 

Taha (Benxamín Masc.)

Anais (Benxamín Fem.)

 

 

 

 

 

PRIMEIRAS XORNADAS DE BÁDMINTON NO CEIP DE RANDUFE

Houda, Violeta, Brais e Gabriel (Categoría Alevín)

Esta semana comezan a 3ª xornada de bádminton escolar que se está celebrando no pavillón do CEIP de Randufe baixo a organización de Agrudebam. A nosa escola este curso participa en dúas categorías (Benxamín e Alevín).

Giovanni, Antonio, Micaela, Mara e Lorena (Categoría Benxamín).

Micaela (Benxamín)

Mara e Lorena (Benxamíns)

 

 

 

PROVINCIAL XOGADE DE CAMPO A TRAVÉS 2019-2020

O próximo sábado 1 de febreiro no parque de Castrelos de Vigo imos participar na proba provincial de campo a través Xogade 2019-2020.

Moita sorte a todolos participantes.

GUILLAREI SOLIDARIO COA PROTECTORA ALOIA

Este curso solidarizámonos coa protectora de animais Aloia de Tui e organizamos a III edición da nosa carreira Solidaria de Campo a Través no torreiro da festa de Guillarei.

Montamos 5 recorridos con diferentes distancias a percorrer pola totalidade do alumnado, mestre@s e familias que tamén se animaron.

  • Infantil 3 anos: 100 metros
  • Infantil 4 e 5 anos: 150 metros
  • 1⁰ e 2⁰ curso: 450 metros
  • 3⁰ e 4⁰ curso: 650 metros
  • 5⁰ e 6⁰ curso: 850 metros
  • Familias e mestres: 100 metros

A parte deportiva nesta ocasión foi a menos importante e si a de sensibilizar a comunidades educativa e familias da importancia de axudar e cuidar os animais.

MUSHING NO CEIP DE GUILLAREI

 

O pasado xoves 23 de xaneiro na nosa escola tivemos unha xornada moi especial. Primeiro disfrutamos da visita de Mónica, Óscar, Paco e Chus, mushers do club Kennel Den. Contáronnos moitas cousiñas interesantes sobre o seu deporte cos cans.

Canicross, Bikejoring,  Patín, Triciclo, Trineo, Carro, ... son moitas as modalidades que practican.

A visita contou 2 obradoiros na biblioteca e no pavillón. Para máis tarde ver unha exhibición práctica cos cans no recinto da festa a carón de infantil.

 

 

Booktubers

As alumnas e alumnos do C.E.I.P. Plurilingüe de Guillarei son lectoras/es tan expertas/os que se animan a recomendarnos os seus títulos favoritos.

Todas as reseñas nesta ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipguillarei/?q=node/405

BÁDMINTON OS MARTES NO PAVILLÓN DE RANDUFE

 

 

A partir de mañá martes 21 un grupo duns 12 nenas e nenos de colexio van participar coas outras eoutras escolass nas xornadas de bádminton organizadas por Agrudebam no pavillón de Randufe. 

As partidas comezan as 16.30 e rematan arredor das 19.10. O alumnado transportado sairá as 16 h. dende o colexio.

Aproveitamos unha vez máis para agradecer a colaboración de Javier Argüelles (Anpa so colexio) que vai co grupo do noso colexio.

Graciñas e a disfrutar rapaces e rapazas.

 

XORNADA ESPECIAL SOLIDARIA E DEPORTIVA

Este xoves 23 de Xaneiro imos organizar unha xornada moi especial. O programa vai ter as siguientes actividades:

1) As 10 h. imos ter a sorte dunha visita especial na nosa escola de varios deportistas do club Kennel Den de Mushing.

2) De 10 a 11 h. Tenemos 2 obradoiros sobre o Mushing e as duas modalidades: Canicros, Bikejoring, Patin, Triciclo, ...

3) As 11 h. Exhibición práctica cos cáns no torreiro da festa.

4) A partir das 12 h. III Carreira Solidaria en colaboración coa protectora Aloia de Tui.

Animádevos e participar e por favor non vos olvidedes de traer alimentos para os peludiños.

III XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

 

Mañá xoves 16 de Xaneiro visítanos o CEIP de Pazos de Reis para ter unha xornada de convivencia e deportes en conxunto.

Nesta ocasión van participar 6⁰ , 4⁰ e 3⁰ curso.

Bádminton, Voleibol, Balonmán, Xadrez, Baloncesto e Fútbol Sala serán os deportes a practicar durante a xornada. 

 

II XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS

O próximo martes 17 de decembro imos visitar as instalacións do CEIP de Barrantes en Tomiño. Nesta ocasión van xogar as clases de 5⁰ e 4⁰ de primaria.

Sen dúbida disfrutaremos dunha xornada de convivencia e diversión moi deportiva.

RICK SAMPEDRO VISITS OUR SCHOOL

 

O luns 2 de decembro visitounos o escritor Rick Sampedro.

Con el fixemos,en inglés,xogos moi divertidos sobre a temática traballada nos seus tres libros lidos na hora de ler.

Os títulos elixidos foron: 

- Can I play?
- The kite 
- Upside down.

Disfrutamos dunha experiencia diferente e gratificante.

Thank you, Rick!  

 La imagen puede contener: una o varias personas

La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas sentadas

La imagen puede contener: 1 persona, sentado e interior

Distribuir contido


by Dr. Radut