Skip to Content

Blogues

INICIACIÓN AO GOLF

INICIACIÓN AO GOLF

As clases de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron a sorte de visitar o aeroclub de Vigo e practicar con monitores titulados. Durante unha mañá coñecimos moitas cousas interesantes deste deporte tan descoñecido por todos.

O swin, o pat, as madeiras, o ferro, etc moitas cousiñas novas.

Aquí podedes ver o ben co pasamos.

DISCAMINO

DISCAMINO

UNHA GRAN SORTE PODER TER NA NOSA ESCOLA A DISCAMINO. MOI AGRADECIDOS DE APRENDER UN POUCO SOBRE O SEU PROXECTO E VER COMO OS SOÑOS PODEN SER REALIDADE. GRACIÑAS A JAVIER PITILLAS, GERARDO, ANA E A TODA FAMILIA QUE FORMAN DISCAMINO.

MICAELA PROBANDO UNHA DAS SÚAS BICIS ESPECIAIS 

ALOIADA 2022

ALOIADA 2022

BALONMÁN, XADREZ E BÁDMINTON

BALONMÁN, XADREZ E BÁDMINTON

Este ano as tarde de luns, mércores e venres no pavillón da escola o alumnado que quiso tivo a oportunidade de participar nestas modalidades deportivas ofertadas pola ANPA.

Ademais Tenis o Patinaxe tamén adestraban nas nosas instalacións.

"AY MAMA" BAILE GRUPAL

"AY MAMA" BAILE GRUPAL

Dentro do programa Móvete mais; este ano o alumnado de primaria, motivado por alumnas de 4º curso conseguiu enganchar a mestres e nen@s e bailar todos xuntos esta canción xunto con outras durante o fin de curso e nas vacacións do nadal.

TRABALLIÑOS DO ALUMNDO DO 2º E O 3º TRIMESTRE

A continuación tedes un resumo dos traballiños, debuxos, redaccións, etc que fixo o alumnado de educación primaria sobre as actividades deportivas nas que participaron, traballando deste xeito de forma interdisciplinar con outras áreas de educación primaria.

Destacar as relacionadas con:

  • Piragüismo.
  • Aloiada.
  • Carreiras.
  • Xogos populares.

HÁBITOS SAUDABLES.

PIRAGÜISMO NO RÍO MIÑO

 

II CAMPAMENTO DE VERÁN

II CAMPAMENTO DE VERÁN DA ANPA

Por 2º ano consecutivo na nosa escola se esta organizando un campamento de verán aberto a nenos entre os 3 e os 13 anos. Aseguro van disfrutar de moitísimas experiencias, xogos e actividades deportivas moi variadas.

Buscan tripulación no seu barco pirata.

INICIACIÓN AO "GOLF" (Xogade)

INICIACIÓN AO "GOLF" (Xogade)

No pasado mes de xuño o alumnado de 4º, 5º e 6º curso desprazouse as instalacións do campo de golf de aeroclub de Vigo.

Alí participamos dunha xornada de iniciación deste deporte tan descoñecido. Destacar que houbo varios nen@s que teñen un bo "put" e "swin".

 

INICIACIÓN AO XADREZ (Xogade)

INICIACIÓN AO XADREZ (Xogade)

O alumnado de 3º curso ed. primaria participou neste curso de iniciación ao xadrez na escola durante 5 xornadas. A continuación podedes ver un resumo.

EXPLICACIÓNS NA AULA DAS NORMAS DO XADREZ

 

VISITA DE "DISCAMINO".

VISITA DE "DISCAMINO"

A finais do mes de maio na escola tivemos a visita da asociación DISCAMINO.

Javier Pitillas, Gerardo, Ana. etc contáronnos moitas cousiñas interesantes e puxerónnos os pelos de punta coas súas vivencias e probas de superación persoal.

Moi agradecidos por tanto e por vir a  nosa escola.

Graciñas por convertir moitos sonos en realidade.

BUSCA DO TESOURO DO PIRATA METEPATA

BUSCA DO TESOURO DO PIRATA METEPATA

No mes de xuño durante unha mañá o alumnado de infantil disfrutou desta actividade  xogando a buscar as diferentes pistas para ir formando o mapa do tesouro e atopar o cofre do tesouro do pirata Metepata.

Foi unha experiencia moi divertida.

ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL

ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL

Este curso realizamos varias actividades no medio natural como por exemplo:

  • ALOIADA 2022 coa clase 6º curso con outras escolas de Tui durante 2 xornadas enteiras con actividades como escalada, rappel, sendeirismo, piragüismo, scouts, orientación deportiva, nudos, primeiros auxilios, etc.
  • ANDAINA pola senda do río lagartón.
  • ORIENTACIÓN DEPORTIVA no torreiro da festa de Guillarei e na IV edición EUROCIDADE TUI-VALENÇA.

RUTA DO TRIPES NA ALOIADA

GRUPO DA ALOIADA NO MIRADOIRO DA CRUZ NO MONTE ALOIA

FOTO OFICIAL ALOIADA 2022

OBRADOIRO DE NOS NO MONTE GALIÑEIRO

MOMENTO BAÑO COAS PIRAGÜAS NO RÍO MIÑO

CHEGOU A CHUVIA NA HORA DE XANTAR NO GALIÑEIRO

ESCALADA E RAPPEL NAS PAREDES DO GALIÑEIRO

SENDEIRISMO CARA TUI DENDE O ALOIA

ORIENTACIÓN EUROCIDADE

 

 

PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES EN PROBAS DEPORTIVAS COAS FAMILIAS

Durante este curso promocionamos a participación en varias probas deportivas pola zona; destacar as seguintes:

  • Cros escolar no CUVI en Vigo.
  • Carreira de San Telmo en Tui.
  • Proba de ciclismo familiar da muller.
  • Carreira de montaña "MINI TRAIL KIDS" na Macoca no Monte Aloia en Tui.

A continuación tedes un resumo fotográfico.

Eurocidade Orientación 2022

RUTA EN BICI POLAS MULLERES

MINI TRAIL KIDS DO ALOIA EN MAIO

XORNADAS ZONAIS DE BÁDMINTON EN TUI

Durante o 2º e 3º trimestre durante 5 xornadas o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria participou nas probas zonais de bádminton no pavillón de Randufe e na Carballa en Tomiño durante 5 tardes en horario de 16 a 19.30 horas.

Xornadas organizadas por AGRUDEBAM dentro do programa Xogade. Unha alegría retomar estas probas despois de 2 anos aprazadas.

Alumnado clasificado para as finais en Tomiño en maio 2022

Touch wood

O

O xoves 16 de xuño de 2022 puidemos asistir á representación dunha obra de teatro en Inglés titulada " Touch Wood" facéndonos reflexionar sobre o cambio climático e as supersticións.

Pasámolo moi ben e divertímonos moito .

"Save the world. Start today. There´s no Planet B".

Distribuir contido


by Dr. Radut