Skip to Content

Educación Física

Xornada de xogos populares do Baixo Miño

Durante o pasado mes de xuño, celebrouse nas instalación do CEP Pedro Caselles de Tomiño unha xornada de xogos populares e convivencia con outras escolas do Baixo Miño.

A xornada consistiu na práctica de partidas do Xogo da chave de Aspas, de Billarda e de Bolos Celtas.

Participaron as clases de sexto curso, destacando que todo o alumnado xogou en equipo e disfrutou dunha experiencia nova para moitos.

Parabéns para todos.

Xogo da Billarda

Bolos Celtas

Xogo da Chave de Aspas

 

 

Educación viaria na escola

 

Durante o pasado mes de maio, por terceiro ano organizamos 3 xornadas de educación viaria na escola.

 A proposta contou como máximos protagonistas ao alumnado do colexio, os cales divididos en 3 grupos (Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º ; e por último os maiores de 4º ata 6º curso de primaria)participaron dun xeito activo nun percorrido dentro do pavillón.

O alumnado de 4º curso de primaria colaborou como axentes responsables de que os ciclistas respetaran as normas de circulación.

Parabéns para tod@s.

VISITA DE LINO E DAVID, DOUS JUDOKAS IMPRESIONANTES!!

O pasado venres tivemos o pracer de contar coa visita de Lino Martinez Perez e David do Judo Club Tudense.

Non todos os días se poden escoitar as vivenzas e aprendizaxes dun campión do mundo e dúas veces campión de Europa.

Foi unha charla moi entretida, na que aprendemos os auténticos valores que os deportes deben transmitir como son o respecto, a amizade e o desfrute.

Ao final ata puidemos practicar algunhas chaves que nos fixeron sentir coma auténticos judokas.

Moitas grazas David e Lino por esta experiencia!!!

 

 La imagen puede contener: 1 persona, sonriendo, de pie y niñosLa imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior  

La imagen puede contener: 19 personas, personas sonriendo, interior

La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo, personas sentadas, calzado e interior

Visita e ponencia de Lino Martínez e David Morais (Judo)

 

O PRÓXIMO VENRES 5 DE ABRIL VISÍTANNOS

na Biblioteca do Colexio a partir das 12 horas para o alumnado de primaria e as 13 horas para infantil.

·   LINO MARTÍNEZ (Judoka tudense"Campión do Mundo WIBK") e DAVID MORAIS (Judoka, fundador e presidente do Judo club tudense).

 

LEITARIEGOS 2019 (Iniciación ao esquí)

 A CONTINUACIÓN TEDES UN BREVE RESUMO EN IMAXES DA VIAXE A ESTACIÓN DE ESQUÍ DE LEITARIEGOS EN LEÓN, ONDE UN GRUPO DE ALUMNOS DE QUINTO E SEXTO CURSO DE PRIMARIA TIVERON O SEU BAUTISMO NA NEVE INICIÁNDOSE O DEPORTE DO "ESQUÍ".

SEN DUBIDA FOI UNHA GRATA EXPERIENCIA A CAL NUNCA OLVIDAREMOS.

XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA 2019 (5º)

O venres pasado celebrouse nas instalacións da Macoca a proba zonal escolar de Atletismo en pista ao aire libre. Esta actividade vai englobada no programa XOGADE e foi dirixida ao alumnado de 5º. Tamén participaron colexios de Salceda de Caselas e Tui.

A xornada contou con varias probas e series de carreiras de velocidade de 60 metros, lanzamento de peso (2kg) e lanzamento de vortex. A continuación celebrouse a proba de resistencia de 500 metros e o salto de lonxitude. E para rematar as series de relevos de 4 x 60 metros.

Como podedes apreciar as probas eran moi variadas e sobre todo divertidas.

 

La imagen puede contener: 8 personas, personas sonriendo, personas de pie y exterior

La imagen puede contener: 13 personas, personas sonriendo, personas de pie y exterior

O CEIP DE GUILLAREI VIAXA Á NEVE

O próximo martes 26 de febreiro e ata o venres 1 de marzo, un grupo de 20 alumnos dos cursos de sexto e quinto de educación primaria e 5 acompañantes van a viaxar a estación de esquí leonesa de Leitariegos no val de Laciana (León).

Esta estación de montaña ubicase na cordilleira cantábrica, nos Picos de Europa moi pretiño do parque natural de Somiedo e Muniellos.

Disfrutarán durante 4 días de varias actividades, tendo como principal á iniciación ao "esquí alpino" con clases con monitores da escola oficial de esquí de Narcea.

Ademais hai previstas outras sorpresas que nos terán preparado os monitores da empresa Ayuko Aventura como trineos, etc.

Xa queda pouco para ir informándovos.

III XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS (TEBRA-TOMIÑO)

Hoxe na terceira xornada recibimos na nosa escola ao CEIP de Tebra (Tomiño). Durante toda a mañá os alumn@s de terceiro, cuarto e sexto participamos nos diferentes xogos e deportes adaptados no noso pavillón.

Destacar o ben que o pasamos e o bo ambiente deportivo.

Como vedes a nosa mascota "Guillasport" tamén estivo presente.

 

PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2019

 

Suplemento "Campeones" - Faro de Vigo (13/2/2019)

O pasado sábado 9 de febreiro participamos no campionato provincial de campo a través celebrado na parroquia de Chenlo en O Porriño.

O día non acompañou moito, xa que fixo frío e choveu; pero isto non foi disculpa para as nosas guerreiras de Guillarei, que unha vez màis loitaron e correron a tope, dando exemplo da súa fortaleza e de valores tan importantes como e esforzo e a auto superación.

Moitos parabéns para Ainara Rguez. (Alevín) e o equipo Infantil Feminino formado nesta ocasión por Laura Ramírez, Kholoud Rouchdi, Alejandra Cabaleiro, Sela Martínez, Mayra Vila e Saula Rocha.

Estamos moi orgullosas de todas.

II XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS

A pasada semana o CEIP de Pazos de Reis visitou o noso colexio, e participamos co alumnado de terceiro, cuarto e quinto curso de primaria.

Durante a xornada xogouse a bádminton, balonmán, xadrez, voleibol, baloncesto, fútbol sala e diversos xogos de mesa. Destacar a diversión, a convivencia e o xogo limpo.

Parabéns a todos os participantes.

ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS NO ROSAL 2019

Unha pequena representación d@s valentes atletas do noso colexio que participaron o pasado sábado 19 de xaneiro no circuito da Canosa no concello do Rosal. Parabéns a tod@s polo gran esforzo, moito mérito estar alí co día que fixo.

Agradecer a colaboración e axuda das familias e dos mestr@s Bibi e Victor.

Agora toca animar no proba provincial en Chenlo (Porriño) o día 2 de febreiro a Ainara Rguez., magnífico cuarto posto acadado (Alevín  Fem.), o equipo Infantil Fem que se proclamou subcampión (Laura, Alejandra, Kholoud, Sela, Mayra e Saula), e o campión cadete Dani Alvarez.

Equipo Infantil Feminino

Campión cadete masculino

I XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS DEPORTIVA

Mañá venres 30 de novembro imos desprazarnos ata o CEIP de Rebordáns coas clases de terceiro, cuarto e sexto de educación primaria para participar na primeira xornada de dinamización deportiva e de convivencia intercentros escolares.

Os nosos alumn@s van estar xogando a balonmán, bádminton, xadrez, voleibol, baloncesto e fútbol sala.

Sen dúbida van disfrutar a tope participando e o máis importante coñecendo amig@s novos e facendo do deporte e os xogos unha xornada de convivencia e amizade.

SUSPENDIDO E APRAZADO ATA QUE AS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS O PERMITAN O CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS NO CONCELLO DO ROSAL

O próximo sábado 24 de novembro en horario de mañá terá lugar o Campionato zonal de Campo a Través escolar.

Este ano será no concello de O Rosal, nun circuito preparado no lugar de "A Canosa" (San Miguel de Tabagón) a carón do río Miño.

Poderán participar tod@s @s nen@s que queiran a partir de segundo de primaria ata a ESO.

Esta proba forma parte do programa de XOGADE do presente curso, nesta modalidade deportiva, e nela poderán participar tanto alumnado dos colexios da zona como integrantes dos clubs de atletismo da mesma.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Se debe confirmar os inscritos o MARTES 20 de Novembro no colexio, xa que o prazo da organización remata  o mércores 21.

NORMATIVA

Participantes

Poderán participar todos os atletas en idades comprendidas dentro das categorías, que estean escolarizados nos centros educativos da nosa zona (concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal) ou que teñan ficha nos clubs deportivos rexistrados tamén na nosa zona.

Permitirase excepcionalmente a participación doutros atletas que non cumpran estes requisitos, pero a súa clasificación non computaría para consecuencias posteriores (participación en campionato provincial).

E requisito imprescindible  en todo caso e para todos os participantes estar inscrito e  mutualizado en XOGADE, co seguro deportivo correspondente.

Tamén é requisito imprescindible facilitar á Agrupación Deportiva Baixo Miño  os datos necesarios  para participación de cada neno ou nena:  nome e apelidos, colexio ou club de representación, data de nacemento e nº de mutua deportiva de XOGADE. A xestión das autorizacións para facilitar esta información corresponde aos centros e clubs implicados.

         

As carreiras

Celebraranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

NOTA: Os horarios e as distancias sonas definitivas. Cada atleta deberá estar como mínimo 30 minutos antes do inicio da súa carreira para por o dorsal diante da camiseta do colexio, estudar o percorrido e facer o quecemento.

Saída do Bus desde o CEIP DE GUILLAREI

9.00 Horas

CATEGORÍA

ANO DE NACEMENTO

DISTANCIA APROXIMADA

HORARIO APROXIMADO

Benxamín feminino

2010-2011

600 metros

10.30

Benxamín masculino

2010-2011

600 metros

10.40

Alevín feminino

2009-2008

800 metros

10.55

Alevín masculino

2009-2008

1.200 metros

11.10

Infantil feminino

2006-2007

1.200 metros

11.25

Infantil masculino

2006-2007

1.700 metros

11.40

Cadete feminino

2004-2005

1.700 metros

12.00

Cadete masculino

2004-2005

3.100 metros

12.30

Entrega de medallas e trofeos

13.15

Fin da xornada e regreso no bus

13.35

Chegada ao colexio

14.05

     

   

Clasificados

Haberá dúas clasificacións en cada categoría:  individual e por equipos.

Na clasificación individual  se ordenan por orde de chegada a meta, contabilizándose neste listado todos os atletas que completen a carreira. Non se contabilizan tempos.

Haberá medallas para os dez primeiros clasificados.

Para  clasificar por equipos, terase en conta o posto obtido polos catro primeiros de cada centro ou club,  sumando os puntos correspondentes a eses postos. O equipo con menos puntos é o gañador.  Na categoría cadete (masculino e feminino) contabilizaranse a estes efectos os tres primeiros atletas de cada equipo.

Haberá trofeos para os tres primeiros equipos de cada categoría.

        

Transporte

Dende o Servizo de Deportes establecerase un servizo de transporte en autocar dende os centros participantes (non para os clubs) e regreso ao finalizar a xornada.

Quen asista polos seus propios medios, terá que aterse ás instrucións das autoridades ou da organización da proba no lugar a efectos do estacionamento dos seus vehículos, dadas as características do lugar, zona sensible  de protección na REDE NATURA 2000.

         

Custo para os participantes

A actividade está incluída no programa de XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e por tanto,é totalmente gratis para os participantes, tanto pola súa inscrición como pola súa cobertura de seguro deportivo, polo avituallamento  ou polo seu transporte.

         

Avituallamento

 A organización ten previsto facilitar aos participantes bocadillo e auga, así como unha ración de chocolate quente. Todas as persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicar previamente nos seus centros educativos ou clubs tal circunstancia, para procurar dende a organización facilitar refrixerio alternativo. En todo caso non é obrigatorio este refrixerio para a organización.

Animádevos a participar.

Carreira de Orientación deportiva no recinto escolar

O alumnado de sexto curso realizou unha actividade de Orientación Deportiva no colexio.

Esta proba esta englobada no programa Máis e mellor actividade física, relacionando as materias de Ciencias e E.Física, reforzando contidos como os puntos cardinais, traballo en parellas, organización espacial, uso de mapas, etc.

 

CAMPO A TRAVÉS EN GUILLAREI

Carreira de Campo a través ao lado do noso colexio no torreiro da festa de Guillarei. Esta carreira vai destinada ás clases de segundo e terceiro de primaria. Van participar os colexios dos concellos do Baixo Miño de Salceda de Caselas, Tui, Tomiño e O Rosal.

Seran en horario lectivo e primaráse a participación de toda a clase e a inclusión.

Colexios inscritos para esta primeira carreira: CEP Altamira, CEIP de Rebordáns, CEIP de Guillarei, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Randufe, CEIP N1, CEIP N2, CEIP de Sobrada, CEIP de Tebra, CEIP de Barrantes, CEP Pedro Caselles e CEIP Pintor A. Fdez.

O venres, día 16 de novembro, celebraremos a primeira actividade global deste curso cunha novidade:  un campo a través específico para alumnado de segundo e terceiro de primaria.

Será en horario lectivo, e o sistema de competición favorece a integración de todo o alumnado:  soamente haberá clasificación por equipos, e cada equipo estará formado pola totalidade do alumnado dunha clase (independentemente do seu número). 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut