Skip to Content

blogue defdsobral

PRATOS SAUDABLES DE GADISA

PRATOS SAUDABLES DE GADISA

 

ESTE ANO A TOTALIDADE DO ALUMNADO FOI AGASALLADO CUN PRATO SAUDABLE E UN LIBRIÑO DE RECEITAS , DONADO POR GADISA. O OBXECTIVO DO CENTRO É CONTINUAR TRABALLANDO NA CONCIENCIACIÓN DA IMPORTANCIA DOS HÁBITOS SAUDABLES, NESTE CASO NA ALIMENTACIÓN.

POR OUTRA PARTE CONTRIBUIMOS CO FOMENTO DOS ODS 2030, RETO A SEGUIR TRABALLANDO.

VISITA DE J,MANUEL FERNÁNDEZ GUEDELLA "TITÁN DESERT".

VISITA DE J,MANUEL FERNÁNDEZ GUEDELLA "TITÁN DESERT"

O PASADO 9 DE XUÑO TIVEMOS A SORTE DE COÑECER A JOSE MANUEL FERNÁNDEZ GUEDELLA, O CAL CONTOUNOS MOITAS COUSIÑAS INTERESANTES SOBRE A SÚA EXPERIENCIA DEPORTIVA.

OS VALORES DE DEPORTE (RESPONSABILIDAD, ESFORZO, SUPERACIÓN OU DISCIPLINA) FORON O EIXO CENTRAL NA SÚA CHARLA; PARA LOGO CENTRARSE NA EXPERIENCIA NA PARTICIPACIÓN EN VARIAS EDICIÓNS DA "TITÁN DESERT" PROBA DEPORTIVA QUE CONSISTE EN FACER UN PERCORRIDO EN BICICLETA POR ÉTAPAS POLO DESERTO.

MOI AFORTUNADOS POLA SÚA VISITA.

ALOIADA 2023

ALOIADA 2023

Os pasados 15 e 16 de xuño participamos co alumnado de 6º curso na XV edición da Aloiada 2023.

Este ano recuperamos a total normalidade na realización das actividades, puidendo pernoctar no cumio do monte Aloia, na tan desexada "acampada". Participamos 6 colexios de Tui: Nº 1, Nº 2, Caldelas, Pazos de Reis, Rebordáns e Guillarei.

O resto das actividades foron as seguintes:

XOVES 15

* Charla de bemvida e presentación do proxecto por Bea (Nº 2 de Tui) e Jose (C. Montes de Vincios).

MONTE GALIÑEIRO: 5 obradoiros

  1. ESCALADA E RAPPEL.
  2. NÓS DE MONTAÑA.
  3. PRIMEIROS AUXILIOS.
  4. ORIENTACIÓN DEPORTIVA.
  5. XOGOS DE AVENTURA CO GRUPO DOS SCOUTS DE TUI.
  6. ANDAINA DO GALIÑEIRO ATA O ALOIA.
  7. ACAMPADA NO ALOIA.

VENRES 15

  1. SENDERISMO DESDE O ALOIA ATA O RÍO MIÑO.
  2. VISITA AULA DA NATUREZA DO ALOIA.
  3. RÍO TRIPES.
  4. PARQUE DO PENEDO.
  5. KAIAK NO CENTRO INTERFEDERADO NO RÍO MIÑO.

PROGRAMA CORRESPONSABLES DE TENIS

PROGRAMA CORRESPONSABLES DE TENIS

Durantes os pasados meses de outubro e novembro do 2022 a nosa escola en coordinación coa federación galega de tenis viuse favorecida deste programa de conciliación familiar.

CARREIRA DE SAN TELMO 2023

CARREIRA DE SAN TELMO 2023

O pasado 15 de abril varios alumn@s e mestr@s do colexio participaron nunha nova edición da carreira popular de San Telmo de Tui.

Un éxito de participación e ambiente saudable.

XORNADA XOGADE DE XÁDREZ

XORNADA XOGADE DE XÁDREZ

 

Durante o 1º trimestre, durante 2 xornadas o alumnado de 4º de educación primaria participou nun programa da Xunta de Galicia sobre xadrez.

ALOIADA 2023

ALOIADA 2023

Onte no concello de Tui, tivemos a 2ª reunión organizativa da Aloiada 2023.

Este ano participamos os colexios de Pazos de Reis, Rebordáns, Maristas, Nº 1 de Tui, Caldelas, Nº 2 de Tui e a nosa escola de Guillarei coas clases de 6º de Ed. Primaria.

 

DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE BARRANTES

DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE BARRANTES

No 1º trimestre no mes de decembro, participamos na dinamización deportiva intercentros co CEIP de Barrantes de Tomiño, coas clases de 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022) - HORARIO LECTIVO

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022) - HORARIO LECTIVO

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022)

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022)

Participaron un grupo de alumn@s do noso colexio nesta proba zonal, celebrada o sábado 12 de novembro do 2022. Parabéns a tod@s os participantes na ribeira de Caldelas de Tui a carón do río Miño.

PATIOS ACTIVOS 2022/2023

PATIOS ACTIVOS 2022/2023

Este ano volvemos a normalidade neste programa. Co cal retomamos o prestamo de materiais (feito polo alumnado de 6º e 5º) e a proposta de varios recunchos de xogos e deportes, que foi mudando cada trimestre.

Todo isto informado no panel, xunto con outras cuestións que foron xurdindo ao longo do ano. Como por exemplo  no pavillón houbo sesións de  "deslizamentos" (patinaxe, rollers, skates e patinetes)  xogos con raquetas (bádminton ou tenis), ou xogos e deportes  variados, ou nos patios exteriores cos xogos pintados na zoina da calustra.

GRAN CAMIÑO (VOLTA A GALICIA) 2023

GRAN CAMIÑO (VOLTA  A GALICIA) 2023

 

ESTE ANO TRAS INVITACIÓN DO CONCELLO, TODO O ALUMNADO E MESTR@S DO COLEXIO SAÍMOS CAMIÑANDO A ESTRADA XERAL TUI - PORRIÑO PARA DAR ÁNIMOS E PODER VER IN SITU AOS CICLISTAS PROFESIONAIS QUE PARTICIPARON NESTA NOVA EDICIÓN DA VOLTA "O GRAN CAMIÑO".

UNHA EXPERIENCIA NOVA E MOTIVANTE PARA TOD@S.

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL (CASTRELOS - FEBREO 2023)

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL (CASTRELOS - FEBREO 2023)

REPRESENTACIÓN DO COLEXIO NESTA PROBA PROVINCIAL EN VIGO

ÁNXELA PÉREZ

ENMA VILA

TEO PARADA

SHEILA COSTA

LARA PORTELA

SHAKIRA CARDOSO

ICÍA

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

OBRADOIROS DE XOGOS POPULARES

  1. A CHAVE DE ASPAS
  2. OS BOLOS CELTAS
  3. A BILLARDA
  4. A CARREIRA DE SACOS
  5. AS TORRES DOS CAROZOS
  6. XOGOS DE CHÁN
  7. MARIOLAS E LABERINTOS
  8. RELEVOS COA CULLER

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CON CEIP PAZOS DE REIS

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CON CEIP PAZOS DE REIS

No 2º trimestre no mes de xaneiro, participamos na dinamización deportiva intercentros co CEIP de Pazos de Reis de Tui, coas clases de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut