Skip to Content

Educación Primaria

LÁCTEOS E FROITAS NA ESCOLA

Durante estas semanas na nosa escola se está repartindo leite no tempo das merendas, lembrar que esta proposta forma parte do P.D.C. “Guillarei activo e saudable” co obxectivo de mellorar a toma de lácteos no alumnado.

MAGOSTO 2017

MAGOSTO 2017

Este ano organizamos a festa do magosto por primeira vez no recinto de primaria. A xornada comezou primeiro cuns obradoiros de xogos populares polos cales foron pasando os diferentes equipos de nen@s (petanca, carreira de sacos, construccóns de carozos, busca de tesouros, ...).

GAÑADORAS CONCURSO DE DEBUXO

Hoxe estivemos na EDAR de Guillarei para que as gañadoras do 2º Concurso de Debuxo do Consorcio de Augas do Louro recibisen os seus agasallos. No Concello de Tui, Laura Ramírez foi a gañadora, e Tatiana Muñoz foi finalista. Noraboa!

DANZA DE PAUS

Aínda que este curso escolar non festexamos Os Maios a nivel de centro, os rapaces de 4º curso de Primaria cantaron unhas coplas e representaron unha danza de paus tradicional no patio do colexio para celebrar a chegada da primavera.

Arte en 4º

Estes son os traballos que fixo o alumnado de 4º sobre os seus artistas preferidos.

O ILUSTRADOR XOXÉ TOMÁS VISITA A NOSA ESCOLA

O mestre e ilustrador Xosé Tomás  visitou o noso centro no mes de abril. Explicounos en que consistía o traballo do ilustrador e despois fixemos moitas dinámicas de debuxo con el. Quedáronnos uns debuxos e uns murais moi chulos e divertidos.

 

Maxia e Matemáticas

A semana pasada tivemos a gran sorte de recibir a visita de dous artistas e profesores como son Estela Sánchez e Miguel Angel Mirás profesores da Universidade de Vigo, uns auténticos magos das matemáticas e a ciencia.

O Cole visita Pontevedra a exposicion de Tonucci

A nosa escola visita Pontevedra a exposición e os obradoiros organizados sobre Franchesco Tonucci "Fratto".

MONTE VIVO NAS CLASES DE 5º E 6º

As clases de 5º e 6º están traballando diferentes contidos relacionados coa natureza. Esta semana recibiron a visita do grupo de Monte Vivo.

O XARDÍN DOS SENTIDOS

 

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo comezaron a traballar no seu “Xardín dos Sentidos”. Están a plantar diferentes plantas aromáticas, diferentes aromas que nos axudan a enriquecer e desenvolver os nosos sentidos.

A PELOTA DA RESPIRACIÓN

Esta pelota máxica da relaxación xa forma parte da nosa clase; cando os alumnos e alumnas de primeiro o necesitan, como medio da xestión das súas emocións, a utilizan, ademais de practicar na aula.

RELAXACIÓN E ESCOITA ACTIVA AO AIRE LIBRE

O alumnado do 1º curso está vivenciando diferentes experiencias ao longo deste curso como por exemplo exercicios de relaxación, ioga, de respiración ou escoita activa de distintos sóns da natureza.

SAÍDAS ESCOLARES A VIGO E A TUI

A semana pasada a nosa escola fixo varias saídas de caràcter didàctico.

aula abalar

Os nenos e nenas de 5º xa usan o equipo abalar

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut