CEIP Froebel

Galería de imaxes


Inicio Entrar
Volver a Froebel Álbums Últimas subidas Últimos comentarios O máis visto O mellor puntuado Os meus favoritos Buscar
Inicio > Curso 2022-23
Categoría Álbums Ficheiros
Libre Configuración 6º

Graduación Primaria


_MG_2118.JPG

Achegamos en dous vídeos a celebración que tivo o noso alumnado de 6º de primaria.
(Somos conscientes dos problemas coa megafonía e as dificultades para escoitar ás presentadoras... pero pouco se puido facer na edición).
Agora un verán por diante moi merecido.
Un cordial saúdo.

4 ficheiros, último engadido a xun 21, 2023
Álbum visto 120 veces

Graduación de 6º Infantil


_MG_2093web.jpg

O noso alumnado de 6º de infantil despídese desta etapa e o celebramos cunha festa que agora queremos compartir.
Aquí vos deixamos un pequeno recordo deste día. Esperamos que vos guste!
Un saúdo!

2 ficheiros, último engadido a xun 20, 2023
Álbum visto 122 veces

Ruta da Pedra e da Auga


P1000916.JPG

Onte houbo ruta de sendeirismo: Ruta da Pedra e da Auga.
Actividade física, contacto coa natureza e xornada de convivencia. Ademais, algúns aprendemos un montón de cousas (bosque de ribeira, aves, lendas do mosteiro...) Preguntade a ver que vos poden contar.
Un saúdo!

16 ficheiros, último engadido a xun 17, 2023
Álbum visto 38 veces

Obra teatro de 4º


Captura_de_pantalla_2023-06-16_232914.png

Aquí vos deixamos a obra de teatro que prepararon para este final de curso o noso alumnado de 4º.
Pedimos desculpas pola pouca calidade do vídeo. Non nos gusta subir de este modo as gravacións, pero houbo moitos contratempos coas cámaras. O importante é que poidades ver o ben que o fixeron e o bo rato que pasamos coa súa actuación.
Un cordial saúdo!

2 ficheiros, último engadido a xun 16, 2023
Álbum visto 73 veces

Roteiro teatralizado polo casco histórico


PXL_20230614_091611338.jpg

Hoxe houbo que poñer a proba o coñecemento dos nosos principais monumentos e algunhas das historias que recollen as súas paredes.
O alumnado de 4º puido participar nunha ruta por Pontevedra onde houbo tempo para aprender, para pasear e para xogar.
Achegamos unhas poucas fotos desta actividade. Saúdos!

7 ficheiros, último engadido a xun 14, 2023
Álbum visto 34 veces

Vista ao PAAR de Campo Lameiro


P1000680.JPG

Case rematando o curso aínda temos actividades pendentes, como a visita ao PAAR de Campo Lameiro.
Un pouco de roteiro ao aire libre, actividades divulgativas da arqueoloxía e tempo de xogo. Xornada das que se aprende moito e deixan un bo recordo.
Faltan as fotos do outro grupo de 3º, pero imos subindo xa estas primeiras fotos. Saúdos!

68 ficheiros, último engadido a xun 27, 2023
Álbum visto 39 veces

Coñece o tenis


PXL_20230609_095455452.jpg

Este venres o alumnado de 3º desprazouse ata a Caeira para probar un deporte tan interesante como é o tenis. Xunto cos nenos e nenas de A Xunqueira compartimos unha xornada de iniciación: coller a raqueta, probar os primeiros golpeo e xogar un rato neste fin de curso.
Deixamos unhas poucas fotos. Saúdos!

10 ficheiros, último engadido a xun 10, 2023
Álbum visto 31 veces

Excursión Granxa Kiriko


P1000605.JPG

Achegamos nesta carpeta unhas poucas fotos da saída deste mércores. Non hai moitas porque son dunha cámara e cada dez nenos/as estaban nun grupo, así que pedimos desculpas porque quedaron moitos sen saír. Pero polo menos serve para ter unha idea do que se fixo nesta xornada. (Actualizado con máis fotos!).
Un cordial saúdo,

59 ficheiros, último engadido a xun 09, 2023
Álbum visto 52 veces

Xornada multideportiva (II)


P1000539.JPG

Seguimos subindo imaxes dalgunhas das actividades que estamos a facer neste fin de curso.
Unha nova xornada de multideporte a realizar co alumnado de 5º e nenos e nenas doutros centros de Pontevedra.
Xadrez, baile de salón, voleibol, bádminton e educación viaria foron as actividades escollidas para esta xornada que se puido realizar grazas á colaboración dos clubs de Pontevedra, a Policía Local e o profesorado de EF.
Un saúdo!

14 ficheiros, último engadido a xun 08, 2023
Álbum visto 27 veces

Educación viaria


salida_a_pie_2.jpeg

Achegamos algunha fotografía da actividad de educación viaria realizada grazas á colaboración da Policía Municipal.
Fáltannos as imaxes da saída en bicicleta. Esperamos contar con elas en breve.
Un saúdo,

6 ficheiros, último engadido a xun 06, 2023
Álbum visto 41 veces

Xornada convivencia deportiva


P1000469.JPG

No día de onte tivemos como convidados ao alumnado de 4º do CEIP Santo André de Xeve.
Dentro do noso proxecto de fomento dos estilos de vida activos e saudables, estas xornadas de xogos alternativos con alumnado doutros centros resulta unha experiencia de gran valor e a manter en próximos cursos.
Nesta xornada houbo baile, xogos como “pelota canadiense” ou floorball, pero sobre todo a posibilidade de coñecer a outros nenos e nenas compartindo momentos de ocio a través do xogo.
Achegamos algunhas fotos deste día. Saúdos!

11 ficheiros, último engadido a xun 02, 2023
Álbum visto 36 veces

Actividade Dragon Boat


IMG_1615.jpeg

98 ficheiros, último engadido a mai 26, 2023
Álbum visto 78 veces

Atletismo en pista_Campionato provincial


P1000423.JPG

Estimas familias: A promoción de actividades deportivas e novas opcións para o tempo de lecer é unha prioridade dentro do noso Proxecto de estilos de vida saudables.
Onte unha das clases de 5º puido participar nesta xornada de atletismo en pista con nenos e nenas doutros centros da provincia nunha xornada realizada nas instalacións do CGTD.
Pedimos desculpas porque non aparece todo o alumnado nas fotos, pero deixamos estas imaxes como mostra do que foi a xornada.
Recibide un cordial saúdo,

26 ficheiros, último engadido a mai 26, 2023
Álbum visto 59 veces

Intercambio coa Scuola C.B. Cavour


PXL_20230515_083920003.jpg

Achegamos algunhas fotografías destes días de intercambio co alumnado de Catania:
Visitas culturais aos principais monumentos da cidade, actividades de convivencia e presentación dos proxectos artísticos que está a realizar o alumnado deste centro.
Un cordial saúdo dende Sicilia.

30 ficheiros, último engadido a mai 16, 2023
Álbum visto 68 veces

Apadriñamento lector


P1000402.JPG

14 ficheiros, último engadido a mai 05, 2023
Álbum visto 50 veces

A horta escolar volve a funcionar!


P1000361.JPG

Grazas a colaboración da ANPA e o interese de Juan, un pai do noso centro, volvemos a poñer en marcha a horta escolar.
Esta é unha actividade moi valiosa para o noso alumnado, ademais de aprender a preparación do cultivo, supón traballar en equipo e asumir a responsabilidade do seu coidado. Esperamos que chegue unha boa colleita.
Saúdos!

19 ficheiros, último engadido a mai 04, 2023
Álbum visto 32 veces

Ruta polo Salgueiral


P1000327.JPG

Estimadas familias:
Moitas veces aproveitamos as galerías de fotos para facer pequenas entradas onde explicamos a verdadeira motivación destas actividades. Neste caso, daría para unha longa conversa sobre a realidade do noso alumnado e a desconexión que estamos a ver coa natureza (...) Unha breve investigación co termo "síndrome por déficit de naturaleza" dará moitas pistas.
Despois da pandemia retomamos a nosa ruta polo Salgueiral cos grupos de 5º, acompañados de dúas biólogas que nos presentaron este entorno do que cada vez estamos máis desconectados.
Un cordial saúdo...

22 ficheiros, último engadido a mai 03, 2023
Álbum visto 46 veces

Salón do Libro


P1000279.JPG

20 ficheiros, último engadido a mai 03, 2023
Álbum visto 35 veces

Obradoiro científico-tecnolóxico


P1000236.JPG

Como ben sabedes as curiosidades despértanse no día a día, pero certo é que novas propostas para presentar contidos científicos sempre axudan para despertar novas vocacións.
Neste caso foi cun obradoiro realizado ao final do mes de marzo e no que se realizaron actividades moi interesantes no ámbito científico-tecnolóxico.
Un sáudo!

13 ficheiros, último engadido a abr 21, 2023
Álbum visto 32 veces

Visita do ilustrador Víctor Rivas


PXL_20230421_113315408.jpg

Dentro das actividades realizadas polo equipo da biblioteca escolar, hoxe tivemos un encontro co ilustrador Víctor Rivas.
Autor de numerosas obras ilustradas, compartiu con nós algúns secretos dos seus traballos e as técnicas que máis emprega.
Mostra da súa visita é a dedicatoria con Evaristo, a mascota da nosa biblioteca.

9 ficheiros, último engadido a abr 21, 2023
Álbum visto 20 veces

56 álbums en 3 páxina(s) 1