Actividades curso 2013-2014

O entroido

 

 

 

ENTROIDO 2014-2015

Para a vindeira semana ( do 9 ao 13 de febreiro) estamos a preparar o Entroido na escola....e O Meco está moi atarefado en propoñervos o que temos que traer posto cada día da semana.

O luns, a cabeza debes tapar para non te constipar.

O martes, na solapa unha flor para sentirte mellor.

O mércores, pintadiño/ña has de estar para poder entrar.

O xoves, debes vestir unha prenda divertida e creativa.

E o venres..............para todos xuntos gozar, de variados bichiños e animais, te terás que disfrazar.

 

Deixade voar a vosa imaxinación e feliz Entroido!!!!!

 

O Anaquiño

 

O Apalpador

O Apalpador

O Apalpador , tamén coñecido polo nome de Pandigueiro na comarca “ Terra de Trives”,é, nas zonas do este de Galicia, a figura mítica dun carboeiro que segundo indica a tradición baixa a noite do 24 ao 31 de decembro, a tocar a barriga dos nenos/as para ver se comeron moito todo o ano, deixando un montón de castañas, algún agasallo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.

            Os alumnos/as do C.E.I.P Frei Luis de Granada, colaboramos na investigación e divulgación da figura do "Apalpador" , desenvolvendo diferentes actividades no centro.

Distribuir contido