Plan proxecta

PESCUDA NO MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

Hoxe 18 de maio é o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS...o grupo de EXPERIMENT-4º estivo pescudando sobre 3 pezas do Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela...e co gallo da celebración aproveitou para facer unha visita virtual do museo....aquí deixamos a proposta da actividade. 

 Carmen 4º EP

ARTE NO CAMIÑO: MANDALAS

 

  

 

 

O grupo de EXPERIMENT-4º seguindo coas actividades propostas para O Camiño creou na área de Educación Plástica uns "mandalas" con diferentes símbolos do Camiño, aquí deixo a proposta e algunha foto dos que foron chegando!!!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

        

 

 

O grupo de 5º de Educación Primaria propuxo unha actividade co mesmo producto final pero un enfoque matemático, aquí deixamos a segunda proposta:

 

 

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS TIC NO CAMIÑO

Os DULCELOCOS están traballando arreo durante este confinamento....a súa mestra elaborou unha serie de actividades interactivas para que nestes días as tic sexan unha boa ferramenta de aprendizaxe sobre O CAMIÑO

Aquí tedes unhas fotiños dos DULCELOCOS trballando cos seus dispositivos!!!!!

 

 

  

  

 

VISUAL THINKING: pensamento visual con rotuladores de tiza.

O VT (pensamento visual) é unha metodoloxía que consiste en manipular e expresar ideas por medio de debuxos simples e sinxelos e recoñecer creando entre eles conexións por medio de mapas mentais co obxectivo de entendelas mellor, identificar problemas/solucións, simular procesos ou xerar novas ideas.

No espazo do Camiño de Santiago do cole, comezamos a realizar un mural nos vidros das fiestras do corredor coas etapas do Camiño Portugués dende A Guarda, empregando a técnica do Visual Thinking

 

ESPAZO DO CAMIÑO : TRABALLOS ALUMNADO

No espazo de información do Camiño de Santiago no primeiro andar do cole xunto a aula de EXPERIMENT-4....tedes un pequeno recuncho no cal saber máis cousiñas sobre o Camiño de Santiago....algunhas destas cousiñas que podedes atopar son traballos voluntarios dos alumnos/as.

IRIA : 4º EDUCACIÓN PRIMARIA (Monumentos de Baiona).

TANIA FERNÁNDEZ: 4º EDUCACIÓN PRIMARIA (Historia de Baiona).

CLAUDIA : 4º EDUCACIÓN PRIMARIA (O Camiño Inglés).

COMECOCOS DO CAMIÑO

A mestra Gema de Educación Musical realizou esta actividade para os alumnos/as de Educación Infantil e 1º e 2º Primaria.

Trátase de escoller un número e ir respostando as preguntas...relacionadas co CAMIÑO DE SANTIAGO...se non as responden farán un RETO....siiiii....un RETO....cantar unha canción, facer ritmos con palmas, bailar estilo charlestón....

 

 

KAHOOT: A MÚSICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

   

 

 

  A nosa mestra de Educación Musical, Gema, realizou un KAHOOT sobre a "Música no Camiño" para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, aquí deixamos o seu enlace,  podedes empregar a tablet, o teléfono, ordenador de mesa.....e xogar en equipo, en familia, individual....onde poderedes amosar os vosos coñecementos sobre algo tan importante tamén no camiño como é a MÚSICA, de seguido os pasos para facelo: 

-pincha no enlace.

 

https://create.kahoot.it/share/a-musica-no-camino-de-santiago/0d888456-1db0-498c-ab68-62ace730903f

-pincha en  Play as guest 

-pincha Classic ( un dispositivo por persoa) ou ben Team Mode ( varias persoas para o mesmo dispositivo).

- Introduce o código numérico no teu dispositivo (podes descargar antes KAHOOT no dispositivo ou ir a páxina de KAHOOT  e picar en  Play 

- Introduce o teu nome de xogador ...e a xogar aprendendo!!!!!!!

 

 

 

 

ASAMBLEA DE PEREGRINOS

Na aula de infantil DULCELOCOS decoran a súa asamblea cos símbolos máis importantes do Camiño de Santiago: cabazas, cunchas, fitos.....cada mañán vístense de peregrinos para pasar lista!!!!!!.

 

ESPAZO DO CAMIÑO

Diante da aula de 4º de Educación Primaria, EXPERIMENT-4º,tedes un lugar onde poder coñecer máis cousas do Camiño Portugués : mapas, rutas,símbolos,fotos, as etapas do Camiño Portugués dende a Guarda, traballos voluntarios feitos polos alumn@s....será o que alí atoparedes. 

 

ENTROIDO

Neste Entroido 2020 o grupo de 4º de Educación Primaria, EXPERIMENT-4º, foi de Peregrino.

Aquí podedes ver unhas fotos do día e do proceso de elaboración do mesmo. 

 

 

 

 

Distribuir contido