LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

FACER CLIC AQUÍ PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2023-24

RESULTADO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-24

 

Unha vez rematado prazo de admisión de solicitudes para o vindeiro curso, informamos que están todas as solicitudes admitidas.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

 

PRAZOS E PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

Segundo a ORDE de 10 de maio de 2023, os prazos previstos para a tramitación dos procedementos para a participación na convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinados ó alumnado matriculado en educación primaria, son os seguintes:

Presentación de solicitudes: 20 de maio ao 21 de xuño.

Listaxe provisional admitidos/excluidos: 4 de xullo.

Prazo de reclamacións: 5 e 6 de xullo.

Listaxe definitivo admitidos/excluidos: 12 de xullo.

 

 

HORARIOS DE SECRETARÍA

HORARIO DE SECRETARÍA

DE LUNS, MARTES, MÉRCORES E DE 13:100 ÁS 14:00 H.

VENRES DE 09:00 ÁS 11:00H

MARTES DE 16:00 ÁS 17:00 H.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CENTRO CEIP ESPEDREGADA, CURSO 2023-2024

A Dirección do CEIP ESPEDREGADA informa ás familias :

Prazo de presentación da solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo neste centro.

Do 1 ao 20 de marzo por sede electrónica.

a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

-Cubrir os formularios na aplicación admision alumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

-Descargar os formularios da aplicación admision alumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección  http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería (dirección https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial:

Os formularios estarán dispoñibles , no centro e na aplicación, o 1 de marzo de 2023

INICIO DO PROCEDIMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

http://www.edu.xunta.gal/portal/

http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Segundo a Orde de 21 de outubro de 2022, os prazos previstos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:

 

PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

1-20 de marzo no centro

1-20 de marzo por sede electrónica

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA. BAREMO.

 

23 marzo ao 5 de abril

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN

 

21 de abril

 

RECLAMACIÓNS

 

5 días hábiles

(24 ao 28 de abril)

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN

 

12 de maio

 

RECLAMACIÓNS

 

15 de maio ao 15 de xuño

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

Do 20 – 30 de xuño

 

Na secretaría do centro estarán a súa disposición as solicitudes de admisión, información e documentos necesarios a partir do 28 de febreiro.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

 

 

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Orde do 21 de outubro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, DOG Núm. 212, do 8 de novembro de 2022,pola que se desenvolve o procedemento de admisión.

INFORMACIÓN A TER EN CONTA

 

Cada alumna ou alumno só pode presentar unha única solicitudeno centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

As solicitudes axustaranse ao modelo oficial, ED550-B. Debe cumprimentarse axeitadamente e será asinada polos titulares da patria potestade.con independencia da súa filiación.cando se refiran a fillas/fillos comúnsdun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

 

No caso de separación ou divorcio requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo.

 

En situacións de violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.

 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro,se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal e fotocopia:

 

1 - Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar,cando denegue a súa consulta.

 

2 - Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (DNI ou libro de familia no seu defecto).

 

3 - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

 

Para a valoración da renda per capita da unidade familiar, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible, no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual . A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas435 e 460da correspondente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do ano 2021.

 

Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar no ano ao que corresponde a declaración do IRPF.

 

Para a aplicación da puntuación do criterio, utilizarase o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM)correspondente ao ano 2021, que está cifrado en 6.778,80 euros anuais.

 

A unidade familiar está composta polos proxenitores non separados legalmente ou parellas de feito rexistradas, ademais dos fillos menores de idade ou maiores incapacitados cos que convivan. Nos casos de nulidade,separación ou divorcio, considerarase o proxenitor que teña a garda e custodia, se é compartida, atenderase aos que convivan no domicilio indicado na solicitude.

 

.No caso de que o número de solicitudes supere a oferta de prazas, requirirase a documentación xustificativa dos criterios do baremo. A presentación da mesma será do 23 marzo ao 05 de abril e ten carácter voluntario. De non achegarse en tempo e forma, entenderase que se renuncia á valoración correspondente.

 

 

Domicilio familiar na zona de influencia deste centro escolar”

 

.Na solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se optan a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando, se fora o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

 

.O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda pola súa área de influencianon terá dereito aos servizos complementarios establecidos pola Consellería.

 

Enténdese por familia monoparenta lo núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento”(artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño). Para a valoración deste criterio, a persoa interesada terá que presentara certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galiciaou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

 

 

CHARLA PARA FAMILIAS

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 

 

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

O alumnado de 6º de Ed Primaria que pretenda continuar estudos no centro adscrito, IES Fontela (Poio), para os efectos de reserva de praza, deberá remitir por correo electrónico a: ceip.espedregada@edu.xunta.es ou cumprimentar a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado ED550A que se presenta a continuación para descarga, como ficheiro adxunto.

Ante calquera dúbida poñerse en contacto co centro no teléfono: 886151463/64

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán o día 25 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Adxuntos: ED550A GAL

                 ED550 CAST

FELICES FESTAS

Powered by Drupal - Design by artinet