Skip to Content
Manter viva a luz e as ganas de aprender innatas do noso alumnado. Acompañalos no seu desenvolvemento integral.

MENÚS COMEDOR MES DE XANEIRO

     Estimadas familias:

      Publicamos os menús de comedor do mes de xaneiro. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 9:30 na secretaría do centro ou por correo electrónico. Moitas grazas. Un cordial saúdo.

A túa opinión importa, opina!

Queda á vosa disposición un cuestionario para recoller información sobre algúns aspectos relacionados coa vida na escola.

Permanecerá aberto ata o día 22 de xaneiro.

Non vos esquezades de cubrilo. É importante para nós e para vós.

VACACIÓNS NADAL

XA ESTAMOS DE VACACIÓNS!

VÉMONOS NAS AULAS DE NOVO O LUNS 9 DE XANEIRO.

ATA ENTÓN O PROFESORADO DESÉXAVOS UNHAS MOI FELICES FESTAS!

ERRATA MENÚ COMEDOR ESTA SEMANA

Bo día,

Debido a unha errata no menú, intercambiáronse os menús do luns día 19 e o mércores día 21. Entón o menú queda así:

 

Guía de xoguetes para o Nadal.

Aquí deixamos un PDF con toda a información. Clica nel para acceder ao documento.

Recollida de alimentos

Como se ven facendo nestes anos pasados, a nosa escola colabora con Cáritas da parroquia do Perpetuo Socorro cunha recollida de alimentos non perecedeiros.

No tempo de Nadal agradecen que as doazóns sexan tamén de alimentos propios destas festas.

BASES AXUDAS MUNICIPAIS

     Estimadas familias:

     Publicamos as BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS A FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS EN ENSINO OBRIGATORIO.

    Teñen dereito a estas axudas todo o alumnado de primaria e secundaria matriculados en colexios públicos e concertados de Vigo. INFANTIL NON. Saúdos.

MENÚS COMEDOR DECEMBRO

    Estimadas familias:

    Publicamos os menús de comedor do mes de decembro. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 9:30 na secretaría do centro ou por correo electrónico. Moitas grazas. Un cordial saúdo.

Recomendacións para as familias

Distribuir contido


by Dr. Radut