Skip to Content
Manter viva a luz e as ganas de aprender innatas do noso alumnado. Acompañalos no seu desenvolvemento integral.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS E VALES MATERIAL/LIBROS

 

 

 

 

Bo día, familias!

Xa tendes publicada dende hoxe na porta da escola a LISTAXE PROVISIONAL de fondo libros para este curso 23/24.

Tendes, así mesmo, ata o luns10 de xullo para facer as posibles reclamacións. Lembramos que nesta listaxe so figura o número de libros concedidos, será na listaxe definitiva onde aparezan os nomes das materias.

INFORMACIÓN SOBRE A PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E FONDO LIBROS

Moi boas a tod@s:

Estamos á espera de que nos autoricen dende  a Consellería de Educación un cambio de libros nun curso. Esperamos ter resposta axiña para poder facer a publicación canto antes tanto da listaxe de libros de texto coma dos beneficiarios de fondo libros.

Desculpen as molestias.

Un saúdo.

A dirección.

PRAZOS

MATRÍCULA ALUMNADO NOVO NO CHOUZO DO 20 AO 30 DE XUÑO

 ÁS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023- 2024

MATRÍCULA COMEDOR 23-24

Informamos que adiantamos o prazo para a matrícula do COMEDOR co fin de facilitarvos ás familias os trámites e xestións administrativas.

Reunión para as familias de 4º de infantil (curso 23/24)

O xoves día 22 de xuño realizarase unha reunión ás 17:00 coas familias do alumnado de 4º de infantil (3 anos) para ir adiantando información de cara o novo curso escolar:

AXUDAS CRUZ VERMELLA

Axudas Concello de Vigo

Deixamos como documentos adxuntos, as bases reguladoras da axuda e toda a demais documentación relevante para poder realizar o trámite.

Lembramos que o comedor do noso centro é de Xestión Indirecta da Xunta de Galicia polo que non é compatible coas axudas locais do concello.

MENÚS COMEDOR MES DE XUÑO

     Estimadas familias:

      Publicamos os menús de comedor do mes de xuño. Lembrade que os días que non veñan os/as nenos/as ao comedor hai que avisar da ausencia antes das 9:30 na secretaría do centro ou por correo electrónico. Moitas grazas. Un cordial saúdo.

DÍA E HORA PARA APRENDER A TRAMITAR A AXUDA DE LIBROS E MATERIAL DE FORMA TELEMÁTICA

XOVES 25 DE MAIO ÁS 16:00  PODEREDES ACUDIR Á AULA DE INFORMÁTICA PARA, COA AXUDA DUNHA FAMILIA, APRENDER A FACER TRÁMITES TELEMÁTICOS. (HAI QUE TRAER CHAVE 365)** IMPORTANTE: Se alguén ten o certificado dixital xa configurado, que traia o seu propio ordenador portátil.

Distribuir contido


by Dr. Radut