Iniciar sesión: Acceso

Instrucións da Consellería ante a Covid-19

O Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19  é unha clara derivación de responsabilidades da Consellería ás direccións dos centros educativos. 

O protocolo pretende dar resposta a unha pandemia derivando responsabilidades en quen non ten capacitación profesional sanitaria nin en riscos laborais e non dota aos centros dos medios, recursos e formación necesarios. 

O Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2021/2022 xunto coa restante documentación solicitada aos centros deberá ser remitido á inspección educativa, segundo establece o Protocolo da Consellería. Tería que  chegar tamén ao Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia para que sexan eles os que supervisen, corrixan se procede e aproben toda esta documentación e asuma as responsabilidades que puideran derivarse da aplicación dos distintos Plans e non as direccións dos centros.

Enlaces de interese:

 Documentos Covid Consellería