Skip to Content

AXUDA LIBROS E MATERIAL

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

SOLICITUDES DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2023-2024

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

O prazo de presentación das solicitudes será do 22 de maio ata o 21 de xuño (ambos incluídos)

QUEN PODE PRESENTAR SOLICITUDES?

Todas as familias que teñan fillas ou fillos matriculados en calquera curso de Ed. Primaria. No caso de irmáns no mesmo centro, presentarase unha única solicitude.

COMO PRESENTAMOS AS SOLICITUDES?

As solicitudes poderanse presentar dos seguintes xeitos:

  • Mediante a aplicación FONDO LIBROS. Hai un manual de instrucións no aplicativo.
  • Presentación no centro: presentación no centro do procedemento ED330B debidamente asinados xunto coa documentación precisa.

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?

  • Solicitude ED330B
  • DNI ou NIE
  • Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de ser o caso.
  • Percepción de pensión por incapacidade ou outras causas de ser o caso.
  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
  • No caso de que o/a solicitante non posúa DNI ou NIE deberase acreditar o número de membros computables empregando algún dos seguintes medios:
    • Copia do libro de familia.
    • Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Documentación xustificativa nos casos de violencia de xénero de ser o caso.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, de ser o caso
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E ENTREGA DE VALES

  • Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas:26 de xuño.
  • Período de reclamación: durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 29 de xuño.
  • Recollida dos vales para todo o alumnado de Educación Primaria:Poderán recoller os vales os días 29 e 30 de xuño. Os que non poidades nesas datas poderedes recollelos en setembro dende o día 1 incluído.

PREMA PARA DESCARGAR UN DOCUMENTO VISUAL QUE VOS VAI AXUDAR A CUBRIR AS SOLICITUDES NA CASA OU DO XEITO QUE ESCOLLÉRADES. CALQUERA DÚBIDA PODEDES ENVIAR CORREO TAMÉN AO CENTRO. 

Distribuir contido


by Dr. Radut