Skip to Content

BIBLIOTECA PDI: "Toquiña arredor do mundo"

CAL É A PEGADA DE CARBONO DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA?

Colabora co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a obter información sobre a pegada de carbono da nosa comunidade educativa. Soamente con cubrir o seguinte cuestionario, anónimo, será suficiente. Logo dun período de tempo, publicaremos os resultados. Grazas de antemán.

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/mESmtF8B2K9LLRzs

Decálogo elaborado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

 

DESCARGA O TEU CALENDARIO MEDIOAMBIENTAL PARA O 2023

O alumnado do centro ideou, editou e creou de xeito cooperativo empregando ferramentas de edición dixitais ao longo do primeiro trimestre deste curso escolar un calendario medioambiental no que se recollen moitas das investigacións que realizaron sobre diferentes temáticas medioambientais dende o pasado curso escolar, así como representar algunhas das consecuencias que ten o cambio climático no noso planeta mediante a creación das ilustracións que representan cada un dos meses do ano.

Coa descarga deste calendario ademais contribuíremos á compensación da nosa pegada de carbono no concello mediante a replantación de árbores. Cada 15 calendarios descargados o alumnado do centro, en colaboración co concello, prantará unha árbore en diferentes zonas. 

Bo aninovo a todas e todos!

Premede na imaxe para acceder a google drive e descargar o voso calendario. 

 

PUBLICACIÓN NA REVISTA DE EDUCACIÓN GALEGA EDUGA

Aledámonos moito de que o proxecto desenvolto no centro teña un oquiño na revista EDUGA, revista de educación galega na que se divulgan boas prácticas educativas de todos os centros que conformamos esta rede pública de ensino. Toquiña está a continuar a súa viaxe, pero non vos perdades este artigo/resumo do proxecto do pasado curso escolar.

II CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

FELIZ ANO NOVO ESCOLAR - CURSO 2022-2023

Toquiña arredor do mundo

Aquí temos a revista que amosa toda a viaxe realizada por Toquiña, a nosa mascota!

Agardamos que gocedes dela como o fixeron todas as nenas, nenos e profesorado durante a realización deste proxecto.

En hora boa á toda comunidade educativa e feliz verán! 

 

Toquiña preocupada polo mundo: plásticos

Ola! Recordades o libro e a revista do proxecto do centro? Pois hoxe presentamos o vídeo documental que ofrece un bo resumo de ambos os documentos, aportando ademais o aspecto visual que non se percibe na linguaxe escrita.

Dende o claustro do colexio de Toques agardamos que sexa do voso agrado e que sexan conscientes de que as nenas e nenos son os verdadeiros axentes de cambio, xa que ademais demostraron ser moi capaces.

En hora boa e feliz verán a todas e todos os que conformamos a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Toques.

 

PROGRAMA RADIO: TOQUIÑA ARREDOR DO MUNDO 21/22 - RADIO MELIDE

00/00/
Array

24:08 minutes (22.09 MB)

PROGRAMA RADIO: TOQUIÑA ARREDOR DO MUNDO 21/22 - RADIO MELIDE

00/00/
Array

24:08 minutes (22.09 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut