Informamos de que xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2022-2023.
Prazo de entrega: ata o 22 de xuño inclusive
Preferiblemente, por via electrónica mediante a sede electrónica da Xunta, cumprimentando o formulario dispoñible na aplicación:
FONDOLIBROS:(https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/)
Despois, asinarase e presentarase a solicitude a través da Sede (é necesario escanear e presentar tamén o anexo II)
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes PRESENCIALMENTE en horario lectivo