Skip to Content

ASOCIACIÓN DISCAMINO

O pasado 27 de novembro a asociación Discamino impartiu unha charla ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Os nenos e nenas puideron coñecer de cerca a labor deste colectivo dedicado ao fomento do deporte para persoas con discapacidade e mobilidade reducida.

Un dos obxectivos desta charla foi que os nosos nenos e nenas empatizaran con realidades diferentes ás súas .

 O desorden dos sentidos

O documental  “El desorden de los sentidos” embárcanos nunha viaxe de coñecemento que atravesan os nosos cinco sentidos para mostrarnos a realidade do mundo de Antonio e Gerardo, dous xoves discapacitados que se enfrentan á ruta  francesa do Camiño de Santiago en bicicleta. Os protagonistas amosan que o verdadeiro camiño segue moito máis aló de Santiago de Compostela.

No momento da despedida os alumnos-as pedíronlle a Javier Pitillas “ a alma de Discamino” que lle dera moitos recordos  a Antonio, o neno protagonista do documental, de parte de todos nós.

Coma sempre, Javier tenta cumplir os soños das persoas polo que se puso en contacto con Javier Luque ( o  pai de Antonio) e aquí temos a súa resposta

 O 15 de xaneiro, Javier Pitillas,, Gerardo e un piloto da Asociación Discamino, voltaron á nosa escola para mosttarnos os triciclos que utilizan para facer o camiño de Santiago. Tapáronlle os ollos aos nenos e nenas, subíronnos aos triciclos guiados polos pilotos da Asociación e puideron experimentar o que se sinte cando se pedalea sen ver, como se fosen cegos.

Foi unha experiencia inesquecible . Nunca a esqueceremos!!

Agradecer a Javier Pitilllas (organizador e voluntario) que esta charla e posta en práctia coas bicibletas  fora posible.

Ademais  aos ponentes : Gerardo (sordo-cego), David Gil, Ana Soage, Javier Fernández, Fani Pérez e José Varela todos eles con paralise cerebral.  Moitísimas grazas de corazón por compartir con nós a vosa experiencia  chea de esforzo persoal, valores, integración e solidariedade.

Non podemos esquecernos da colaboración prestada por  Cristina ,concelleira de Educación, xa que grazas a ela, Miriam, intérprete de lingua de signos, puido estar con nós para facilitar a comunicación entre o noso alumnado e Gerardo ( sordo-cego)

 

 



page | by Dr. Radut