SEMANA DA IGUALDADE EN INFANTIL

A COEDUCACIÓN É UN DOS TEMAS TRANSVERSAIS NA EDUCACIÓN INFANTIL, ESTÁ PRESENTE DURANTE TODO O CURSO EN DIFERENTES ACTIVIDADES E NA VIDA DIARIA.

A EDUCACIÓN PARA IGUALDADE SEN RESTRINXIR AS ELECCIÓNS POLO XÉNERO, Ó IGUAL QUE POLA RELIXIÓN OU A COR DE PEL, DEBE SER A BASE DUNHA SOCIEDADE DEMOCRÁTICA.

A ESCOLA EDUCA PERSOAS CON CAPACIDADE DE LIBRE ELECCIÓN.

NESTA SEMANA QUE TITULAMOS DE IGUALDADE E QUE COINCIDE COS DÍAS CERCANOS Ó 8 DE MARZO, TIVEMOS TRES ACTIVIDADES CON ESTE CLARO OBXECTIVO:

-PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO OFERTADO POLO CONCELLO DE TOMIÑO, SEMENTES DE IGUALDADE

-RELACIONADO CO NOSO PROXECTO, "UNHA VOLTA POR ITALIA" COÑECEMOS A DÚAS MULLERES IMPORTANTES DESE PAÍS, ALFONSINA STRADA E LLELA LOMBARDI, UNHA CICLISTA E UNHA CORREDORA DE FÓRMULA UN.

-LEMOS O CONTO"VIVAN LAS UÑAS DO CORES" E OS QUE QUIXERON PINTARON AS UÑAS PORQUE CADA UN DEBE TER LIBERDADE DE ELECCIÓN E DEBEMOS RESPECTAR AOS QUE NON PENSEN COMA NOS.

TAMÉN APRENDEMOS QUE TRISTEMENTE NON TODO O MUNDO PENSA IGUAL E ALUNHAS PERSOAS AÍNDA PENSAN QUE HAI COUSAS QUE NON PODEMOS FACER DEPENDENDO NON DO NOSO INTERESE SENÓN DO NOSO XÉNERO.