Skip to Content

MANUAL BÁSICO DE USO DE OPEN OFFICE IMPRESS

MANUAL DE USO DE LIBREOFFICE IMPRESS
Este programa serve para facer presentacións.

É importante crear unha carpeta, onde gardaremos o documento, as fotos, vídeos e audios que vaiamos a usar, xa que se non o facemos, no momento de poñer en marcha a presentación poden desaparecer os sons ou os vídeos. Se a presentación se vai a facer noutro ordenador lembra levar a carpeta completa.

Una vez aberta unha nova presentación, damos a gardar como e  dámoslle un nome e unha localización.

Logo imos engadindo diapositivas en INSERIR-DIAPOSITIVA, tantas como precisemos.

No lateral vannos aparecendo as diferentes diapositivas e pinchando enriba podemos modificala:

Escribir nos cadros de texto

Para incluír unha imaxe facemos clic en INSERIR IMAXE. Esta imaxe  podémola mover e situar onde queiramos, igual que o texto, cando poñemos enriba o cursor e aparece una cruz. Se facemos clic co botón dereito temos varias opcións.


Tamén podemos elixir una imaxe para colocala como fondo de toda a diapositiva


Da mesma forma  engádese un son, un vídeo ou un enlace a algunha páxina web.

Se o son queremos que dure mais dunha diapositiva, o inserimos na que queremos que empece, logo imos a TRANSICIÓN DIAPOSITIVAS  e en sons eliximos outro, aí  lévanos a seleccionar o que queremos.

 

 

Para activar a presentación colocámonos na primeira diapositiva e  prememos en PRESENTACIÓN, arriba na barra e INICIAR. Avanza dando en calquera tecla ou no rato. Cando remate prememos no teclado ESC.

Neste enlace tendes mais información
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1404894630/contido/impress/index.html



page | by Dr. Radut