Skip to Content

A HISTORIA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

 

A HISTORIA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

Este curso, non motivo do día escolar da non violencia e da paz coñecemos a historia de Sadako cando se cumpren 75 anos do lanzamento da bomba atómica en Hiroshima. Neste curso que no proxecto de centro coñecemos inventos, aprendemos que non todos son bos ou alomenos as utilidades que se lle poden dar.

 

Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes mil grúas de papel. A consígna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial. Sadako vivía coa súa familia preto da ponte Misasa, na cidade de Hiroshima. A bomba atómica explotou a 1700 metros de distancia. Sadako voou a través dunha xanela e a súa nai saíu correndo da casa, sospeitando que a atoparía morta, pero estaba viva, indemne, sen lesións aparentes. Mentres fuxía pola rúa, Sadako e a súa nai quedaron atrapadas na choiva negra....   https://japonandmore.com/2018/08/06/sadako-sasaki-grullas-papel/ 

Este foi o resultado...o noso cole cheo de grúas

 Foi unha actividade moi bonita, grazas profes de extraescolares!

 Ademais colaboramos co CEIP Valle Inclán de Vigo e o seu proxecto, grazas á profe María!

 

Se queredes  aqui podedes ver como se fan

 

 

 

 



page | by Dr. Radut