Skip to Content

O PRIMEIRO TRIMESTRE EN INFANTIL

Neste primeiro trimestre fixemos moitas cousas. Empezamos o curso afacéndonos de novo á vida no cole, algúns seguiron sendo dinos, outros volvendo a selo e outros sendo dragóns. Todos necesitamos un tempo de adpatación, con moito xogo libre e actividades de identidade de grupo.

 

O proxecto de este trimestre está relacionado co proxecto de centro, que este ano é os inventos e experimentos;  eleximos aprender sobre os papaventos e relacionalo co outono, un tempo ideal para voalos.

 

Durante o trimestre tamén aprendemos cousas sobre o outono e nada mellor que pasar tempo fóra, aínda que este curso non puidemos facelo moito, porque moito choveu!

Tamén fixemos un obradoiro de froitas de outono, cociñamos tarta de cabaza e fixemos o magosto.

 

 
Polo Nadal decoramos os corredores e fixemos un adorno cun vaso de iogurte; fomos ó cine e o venres 20, viñeron de visita os reis magos, entregamos as nosas cartas e logo fixemos unha merendola e vimos xuntos unha peli de Nadal.
Celebramos o aniversario de Hugo, Laura, Daniela Franco, Celia Rodríguez, Iria, Valeria,  Xavi, Daniela Fernández e Sofía Piñeiro.


page | by Dr. Radut