Skip to Content

Visita á Granxa Escola Corazón de Carballo

O 21 de novembro fomos de  visita  á Granxa Escola Corazón de Carballo 

Esta visita forma parte do proxecto impulsado conxuntamente polas Associaçoes de Pais e Nais dos Centros Escolares Norte e da Vila (Cerveira) e a Mesa de ANPAS dos Centros educativos de Tomiño que resultou gañador do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019, organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e foi gratuita.

A iniciativa pretende promover a aproximación entre as crianças dos nosos concellos e educar en valores relacionados coa preservación da natureza.

Saímos do colexio ás 10:30h da mañá e regresamos  ás 16:00horas.

Chegamos á Granxa Escola sobre as 11 e despois de facer equilibrios para irnos coñecendo, os encargados fixeron catro grupos, que logo irían rotando por catro actividades: As aves(pavos, faisans, varias especies de galiñas, codornices, patos, etc. onde interactuaron con elas, dándolles de comer e beber).  Os mamíferos (ovellas, cabras o poni e visitando a horta e o hospital das plantas). Ioga e música onde disfrutaron das músicas e tradicións, a través do contacto con instrumentos típicos da zona e xogos.

Antes de comezar  déronnos unha deliciosa merenda, plátano, mazá e bocadillo e comezamos as actividades.

Fixemos unha parada para comer e logo seguimos.

O sitio é precioso e a atención espectacular, e coñecemos a nenas e nenos do outro lado da raia, pasámolo xenial!

 

 

 

 



page | by Dr. Radut