Skip to Content

25 de novembro, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO en infantil

Durante a semana do 25 de novembro, nas clases de infantil, lemos e falamos sobre o libro "Artur e Clementina", escrito por Adela Turin e editado por Kalandraka.

Clementina namórase de Artur e son moi felices, pero logo Artur comeza a prohibirlle facer cousas, rise dela e a ridiculiza por ser "boba, aburrida e torpe". Pero un día, cansada de cargar con todo o que Artur lle vai colocando no caparazón, Clementina marcha, deixando atrás o caparazón e a Artur.

Non sabemos a onde e é unha das cousas das que falamos, por que marchou, a onde, e sobre as actividades ou tarefas que podemos compartir e repartir entre amigos.

Esta é unha das conmemoracións que cada curso se deben celebrar nos centros xa que a coeducación e a sensibilización cara a violencia de xénero son valores fundamentais.

 

 



page | by Dr. Radut