Skip to Content

VISITAMOS ÓS BOMBEIROS E IMOS Ó TEATRO

Os bombeiros convidáronnos a visitar a súa estación en O Porriño. Ensináronnos todas as súas dependencias, o ximnasio, a centralita, o taller, a cociña, os dormitorios, a sala de estar, etc. Pareceunos unha casa onde vivir! Aprendemos, ademais, algunhas pautas de actuación en caso de incendio e medidas para evitalo.

Interesámonos polo seu uniforme, levan taaaantas prendas enriba. Calquera precaución é pouca cando se trata dun traballo tan perigoso! Tamén puidemos subirnos ós camions e ver todas as ferramentas e mecanismos cos que contan para solventar as urxencias que xurden a diario. É un traballo verdadeiramente interesante.

Quedamos moi agradecidos polo tempo que nos adicaron e pola labor que fan, por suposto. Se algún día precisamos deles, xa sabemos que temos que marcar o 112.

Chegando ó final de curso, asistimos ó Centro Cultural Caixanova de Vigo, para ver unha obra teatral de monicreques chamada "Pingüín", que nos encantou. Aproveitando a viaxe e o sol, fomos almorzar e a xogar un ratiño ó parque de Castrelos da mesma cidade.



page | by Dr. Radut