Skip to Content

SOMOS ASTRONAUTAS

Durante o terceiro trimestre traballamos con moito interese no proxecto "Somos Astronautas", coñecendo os contidos máis significativos do universo. Aprendemos algúns nomes e características dos planetas que forman o Sistema Solar, centrándonos no noso planeta A Terra, o único no que existe vida... ou polo menos que nós saibamos!! Coñecemos o tamaño e materiais dos que están compostos os diferentes planetas, elementos que atopamos circulando polo espacio e algún dato interesante da gran bola de lume que é o Sol, a estrela que necesitamos para vivir. Para decorar o corredor fixemos un mural que non podedes deixar de ver... quedounos incrible, non sí?

 



page | by Dr. Radut