Skip to Content

PEZA A PEZA

Neste curso afeccionámonos moito ós quebracabezas. Fixemos infinidade deles...de 20, 50, 80 e 100 pezas... e neste último trimestre atrevémonos con algún de ata 200 pezas!!! Tamén probamos con uns moi orixinais en forma de bola, pero resultáronnos algo difíciles de montar, polo que a profe tivo que botarnos unha man. Estamos moi satisfeitos con este traballo, e máis sabendo que os quebracabezas favorecen a concentración, a habilidade para resolver problemas, axúdannos a organizar as formas espaciais, entrenan a memoria visual e a imaxinación, contribúen co desenvolvemento da tolerancia e a paciencia ante as dificultades e elevan a nosa autoestima, posto que nos produce unha gran satisfacción resolvelos. Se aínda non probaches con un... atrévete!!

 



page | by Dr. Radut