Esta semana o noso alumnado de 4º curso recibiu con gran ilusión as cartas de resposta á correspondencia en lingua inglesa que enviaron ó alumnado de 4º curso de Educación Primaria do CEP Pedro Caselles Beltrán.
Este luns 29 de abril recibimos no centro ao cole de Pazos de Reis co que o noso alumnado de 3º e 5º de primaria realizou unha xornada deportiva onde ambas escolas xogaron xuntas. A actividade serviu para coñecer a novos nenos/as e desfrutar a través dos diversos deportes practicados. ghmghmdgdrg
O xoves 4 de abril o alumnado de 4º participou nunha nova xornada deportiva do Programa XOGADE.
Gracias a organización de AGRUDEBAM, máis de 200 nenos e nenas disfrutaron de Xogaloita no Pavillón Deportivo de Goián.
O longo da mañá participaron en diferentes xogos de iniciación á Loita e o Judo, que xa practicaran nas clases de Educación Física: Volta á tortilla, Loita de xeonllos, Roubar o balón, Coller a cola de cabalo ou Sogatira.
Un fermoso encontro deportivo para o alumnado de 7 centros escolares de Tomiño, O Rosal, Gondomar e Salceda de Caselas.
Para celebrar o Nadal decoramos os típicos crackers, enchémolos de chuches, xoguetes e bromas de Nadal e finalmente intercambiámolos e levámolos de agasallo sorpresa para casa.