Para celebrar o Nadal decoramos os típicos crackers, enchémolos de chuches, xoguetes e bromas de Nadal e finalmente intercambiámolos e levámolos de agasallo sorpresa para casa.
Durante o mes de Outubro o alumnado de 3º estivo probando o croma aprendendo unha linguaxe nova. Co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade o compartimos con todas e todos.
Visitamos a comunidade de montes de Pinzás, a aula de interpretación, convidados polo Concello de Tomiño, como premio do concurso audiovisual COMO MELLORAR A XESTIÓN DO LIXO NO CENTRO.