Skip to Content

Guía de lecturas para o verán 2013

        Chega o verán e con el un montón de tempo libre para disfrutar, xogar e tamén ler. Seguro que atopades ese momento ideal, relaxado e tranquilo sen os agobios dos deberes e das actividades que moitos de vós facedes para bucear tamén nos libros.

    Aquí deixamos unha axudiña para toda aquela persoa que a precise, recomendándovos algunhas lecturas.

FELICES VACACIÓNS E MARABILLOSAS LECTURAS!!!

 

AVISO, AVISO!!.... Nova sección!

     Aínda que un pouco tarde, por fin puxemos en marcha unha nova sección dentro da biblioteca: "A NÓS GÚSTANOS..."

      Trátase da recomendación de libros que nos gustan. Pouco a pouco irán saíndo vídeos onde vós nos recomendaredes a lectura de libros que, segundo a vosa opinión, non nos deberiamos perder.

       Animádevos e ide aportando as vosas recomendacións. Se a ti che gustou un libro, é posible que a outras moitas persoas tamén lles pase o mesmo. Só necesitan coñecer ese libro e...
                              para iso estás ti, para PRESENTÁRLLELO!!!!

Vai botando unha ollada, a ver se atopas algún do teu interese.


MÁIS RECORDOS DA XINCANA!!

          Ademais da montaxe coas fotos da xincana, tamén podedes ver outra cos vídeos.

 

                                                     

A VOLTA A VERNE NUNHA XINCANA

   O 26 de abril celebramos a nosa tradicional xincana.

Este ano, como o tema do cole é Xulio Verne, organizamos as preguntas, as probas e os espazos en torno a seis das súas obras.

Sabedes cales?

Clicade no vídeo e daredes a "Volta a Verne nunha Xincana" ( Tranquilos que non ides tardar 80 días!)

sentímolo, flash non está dispoñible.

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

Que mellor que empezar o día con esta fermosa curta.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

HAI QUE IR PREPARÁNDOSE PARA A XINCANA!!!

     Ide apurando que xa case non queda tempo. Dádelle o último repaso a todo o que traballastes sobre Verne e a súa obra. Pinchade en "Dentiños Fogg" para ver o resumo de dous dos seus libros.

 

A NOSA BIBLIOTECA OUTRA VEZ NO PUNTO DE MIRA

    O pasado 7 de marzo desprazámonos a Santiago para expoñer a nosa experiencia no traballo con proxectos Documentais Integrados ante as persoas responsables de numerosas bibliotecas escolares de toda Galicia.

      Unha vez máis a Asesoría de Bibliotecas tivo en conta o traballo que estamos a realizar desde a biblioteca do noso Centro e no que todo o profesorado está involucrado e comprometido.

VER, ESCUCHAR Y ....

          Todo se sabe neste mundo, verdade? Os segredos son malos de gardar, pero esta vez si que está ben que todo o mundo se entere. Estes rapaces saben moito e ao mellor debemos facerlles caso.

 

DomoNation.com: Nova sorpresa no colexio by Dentiños

Like it? Create your own at DomoNation.com. It's free and fun!

FINA CASALDERREY

 

       A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria 

            Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas). 

            Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo! 

  

            As bibliotecas escolares galegas rendímoslle a Fina a nosa máis sinceira homenaxe polo seu labor que é o noso.  

 

Entrada publicada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

Distribuir contido


by Dr. Radut