Skip to Content

Navegando o camiño

A continuación mostrámosvos o trailer do proxecto documental integrado para este curso 21/22.

Benvidos o curso 2021-22

Benvidos a tod@s a este incio de curso, coma sempre iremos publicando na nosa páxina as novas, avisos e notificacións de interese para a toda a comunidade educativa.

Como vos comentamos na presentación do grupo da ANPA , o protocolo COVID  do centro practicamente non varía con respecto ó curso pasado , seguen as mesmas normas para entradas e saídas para evitar as aglomeracións , o uso obrigatorio da máscara en primaria e moi recomendable en infantil.

Comparto en documento adxunto o protocolo.

LIBROS DE TEXTO 2021-22

Adxuntamos documento coa relación de libros de texto para o vindeiro curso 2021-22, en 5º e 6º de ED. Primaria se empregaran libros dixitais pola incorporación do noso centro ó programa EDIXGAL.

AXUDA FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA ED.PRIMARIA NO CURSO 21/22

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/ 22 (código de procedemento ED330B).

                  Prazo de solicitude: 21/05/21 a 22/06/21

                  Formulario: ED330B

  • As solicitudes poden cubrirse na propia aplicación, asinalas , imprimilas e presentalas no centro.
  • Se usades a chave 365 a propia aplicación realiza un aviso ó centro de que está feita a vosa solicitude.

Aplicación fondolibros:

Sede electrónica da Xunta de Galicia:

 

O alumnado de 6º de EP que remata etapa e vai para o IES debe solicitar esta axuda no seu novo centro.

Podedes presentar as solicitudes presencialmente no centro, a continuación compartimos enlaces dos anexos.

 

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021-22

Presentación da solicitude de reserva de praza. Xunto coa fotocopia do libro de familia ou DNI do/a neno/a. Prazo aberto do 1 de marzo ó 22 de marzo. FORMALIZACIÓN DA RESERVA A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II que poderá:

Cumprimentarse na aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Descargarse e cumprimentar de forma manual. Recoller no centro

Distribución de máscaras - alumnado de primaria

O venres publicouse no DOG a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

Alumnado destinatario:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

•Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

•Alumnado matriculado en educación especial

•Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

•Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Compartimos archivos coa orde e ANEXOS que se deberían cubrir para a súa solicitude en caso de non ter sido beneficiario da axuda do material, sempre e cando se cumpra algunha das condicións que se indican.

Libros de texto 2020/21

Achegamos o listado de libros de texto do presente curso escolar 2020/21.

Documentos COVID

A adaptación á situación derivada pola pandemia actual fai que o funcionamento do noso centro se vexa regulado a través dos seguintes documentos que seguen as directrices marcadas pola Consellería,  estarán en continua actualización e sempre abertos ás aportacións da Comunidade Educativa para a súa mellora.

 

CURSO 2020-21

Comezamos o presente curso escolar poñendo en marcha a páxina web do noso centro que se utilizará como medio oficial para a comunicación das novas máis importantes.

Será interesante que consultedes de cando en vez a páxina para saber o que imos publicando.

Poderedes acceder desde esta mesma páxina á aula virtual do centro e ó blogue da biblioteca.

 

PROXECTO ANUAL 2018-19

Durante este curso 2018/19 traballaremos os medios de comunicación polo que imos estar moi conectad@s!!!

 

 

Para ir empezando, aquí tedes a nosa selección de recomendacións para este Nadal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut