Skip to Content

LIBROS DE TEXTO 2022-23

Compartimos adxunto cos libros de texto para o vindeiro curso 2022-23.

AdxuntoTamaño
LIBROS TEXTO 2022-23.pdf194.42 KB

Semana Cultural: APRENDO A COIDAR CORPO E MENTE

Compartimos a programación de actividades para estes últimos días de curso organizadas pola ANPA do noso centro  coa colaboración do Concello de Muros a través das axudas para estes fins.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL- CURSO 2022-23

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B).

Axudas que se poden solicitar:

          LIBROS:

  • Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.
  • Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): so para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de primaria.
  • O alumnado que vai a cursar 5º e 6º de primaria participa no proxecto E-DIXGAL, polo tanto non entra nas axudas de libros de texto.

 

  • Axudas para adquirir MATERIAL ESCOLAR: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

Presentación SOLICITUDES:

 As solicitudes poden presentarse vía telemática a através da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. Tamén podedes descargar a a solicitude premendo aquí e presentala no centro.

 

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 19 de maio ata o 22 de xuño.

 

INFORMACIÓN- Modificación criterios de promoción

 

Atendendo á Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia , facemos públicos os  criterios de promoción que resultan de dita aplicación.

  • Ao finalizar os cursos segundo, cuarto e sexto da etapa, e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente do grupo, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión será adoptada de xeito colexiado, tendo en conta os criterios de promoción e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor. A promoción no resto de cursos da etapa será automática.
  • O alumnado que acade a promoción de curso con algunha área con cualificación negativa recibirá os apoios necesarios para recuperar  as  aprendiaxes que non alcanaran no curso anterior.
  • O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase se, tras aplicar as medidas ordinarias suficientes, adecuadas e personalizadas para atender o desfasamento curricular ou as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno, o equipo docente considera que a permanencia un ano máis no mesmo curso é a medida máis adecuada para favorecer o seu desenvolvemento. Nese caso, o equipo docente organizará un plan específico de reforzo para que, durante ese curso, a alumna ou o alumno poida alcanzar o grao de adquisición das competencias correspondentes. Esta decisión só poderá adoptarse unha vez durante a etapa, oídas as nais, os pais ou as persoas que exerzan a titoría legal, e terá, en todo caso, carácter excepcional.
  • Para a elaboración e o seguimento do plan específico de reforzo, a que se refire o punto anterior, seguirase o establecido no artigo 50 da Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Ao finalizar os cursos segundo e cuarto da etapa o profesorado titor emitirá un informe sobre o grao de adquisición das competencias de cada alumna ou alumno, indicando, de ser o caso, as medidas de reforzo que se deben prever no ciclo seguinte.
  • Co fin de garantir a continuidade do proceso de formación do alumnado, cada alumna ou alumno disporá ao finalizar a etapa dun informe elaborado pola súa titora ou polo seu titor sobre a súa evolución e o grao de adquisición das competencias desenvolvidas. No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, o informe deberá reflectir as adaptacións e medidas adoptadas, e a súa necesidade de continuidade na seguinte etapa escolar.

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO - CURSO 22-23

Comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 22-23.

O prazo estará aberto do 1 ó 21 de marzo de 2022.

Documentación requerida:

  • Anexo ED550B
  • DNI do alumno/a ou libro de familia
  • DNI dos pais
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
  • Certificado de matrícula (para alumnado que ven doutro centro).

Presentación de solicitudes:

  • Na secretaría do centro
  • A través da Sede Electrónica
  • A través da aplicación "admisión alumnado"

 

 

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

O día 12 de novembro publicouse no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 DOG pola que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en Centros docentes públicos e en Centros Privados Concertados no curso 2021/2022.


 

Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. Para facer o cálculo da renda per cápita collerase a renda do 2019, sumarase o recadro 435 (base impoñible) máis o recadro 460 (base impoñible de aforro) e o resultado da suma divídese entre o número de membros da unidade familiar. SOLICITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar)

•Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

•Prazo: Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021. O centro comunicará ás familias beneficiarias o momento e o modo no que se fará o reparto. Para máis información poden poñerse en contacto co centro.

 

Navegando o camiño

A continuación mostrámosvos o trailer do proxecto documental integrado para este curso 21/22.

Benvidos o curso 2021-22

 Benvidos a tod@s a este incio de curso, coma sempre iremos publicando na nosa páxina as novas, avisos e notificacións de interese para a toda a comunidade educativa.

Como vos comentamos na presentación do grupo da ANPA , o protocolo COVID  do centro practicamente non varía con respecto ó curso pasado , seguen as mesmas normas para entradas e saídas para evitar as aglomeracións , o uso obrigatorio da máscara en primaria e moi recomendable en infantil.

Comparto en documento adxunto o protocolo.

AdxuntoTamaño
plan_adaptacion_covid_LOURO 21-22 def.pdf1003.71 KB

LIBROS DE TEXTO 2021-22

Adxuntamos documento coa relación de libros de texto para o vindeiro curso 2021-22, en 5º e 6º de ED. Primaria se empregaran libros dixitais pola incorporación do noso centro ó programa EDIXGAL.

AdxuntoTamaño
LIBROS TEXTO 2021-22 web.pdf184.72 KB
Distribuir contido


by Dr. Radut