SEMANA DO 11-15 MAIO

 

Ola a tod@s!! Espero que tod@s esteades ben e  traballando todos os días para non perder o ritmo de traballo e continuar co curso… dunha maneira diferente… Moito ánimo!!! Vémonos nas videoconferencias!!

 

CIENCIAS SOCIAIS

 

Continuade utilizando os enlaces que xa vos deixei a primeira semana para ir repasando de todo un pouco.

 

Esta é a semana das Letras Galegas, ímos globalizar todas as actividades partindo disto a primeira actividade é localizar a cidade onde naceu Carvalho Calero, debuxar un mapa de Galicia dividido en provincias e situala. Debuxade tamén os ríos e os montes máis importantes.

 

Déixovos un arquivo coas solucións dos exercicios da semana pasada.     

 

CIENCIAS NATURAIS

 

Continuade utilizando os enlaces que xa vos deixei a primeira semana para ir repasando de todo un pouco.

 

Seguimos a investigar e desta toca buscar información sobre a vexetación e os animais típicos do lugar de nacemento de Carvalho Calero.

 

Adxunto un arquivo coas solucións dos exercicios da avaliación da semana pasada. 

 

MATEMÁTICAS

 

Continuade utilizando os enlaces que xa vos deixei a primeira semana para ir repasando de todo un pouco.

 

Déixovos un adxunto coas solucións da avaliación trimestral.

 

Esta seguimos a investigar. Debedes buscar unha receita de cociña típica do lugar de nacemento do  escritor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas e tendes que reescribir esa receita para a metade dos comensais para os que ven redactada.

 

Xa sodes uns expertos coas tecnoloxías da información e a comunicación … ánimo co traballo e feliz semana a tod@s.

 

 

IMPORTANTE: Para calquera dúbida podedes contactar comigo a través de correo electrónico coleatios6primaria@gmail.com debedes especificar no asunto para que profe e a consulta…

 

MOITO ÁNIMO … XA QUEDA MENOS!!!! 

 

 

Esta semana traballaremos sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Faremos unha serie de xogos interactivos sobre a súa vida e obra, ademais dun escape room moi divertido, onde nos convertiremos en detectives! Colle papel e lapis e apunta todo o que sexa sospeitoso para adiviñar a clave final!

 


Xogos interactivos:
http://seminariogalan.org/inicio/ver/472
https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo
http://seminariogalan.org/inicio/ver/470

 


Escape room: non deixes ningún lugar sen buscar!
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020
 
Aproveitaremos a canción "Verdescente" de Uxía Lambona e a Banda Molona para facer un ditado. Escoitades un trociño e copiades a letra (sen vela, claro!) e así toda a canción. Podedes escoitala neste enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=3LENjTMH7Ac

Ademais faremos un traballiño sobre o autor, unha caricatura e algúns datos de interese, como onde naceu, cando, cal foi a súa profesión, que escribiu…
Como xa sabedes, enviade as cousas que fagades ao correo (para a profe Estela):

 

coleatios6primaria@gmail.com
 

 

Como esta semana só faremos actividades do día das letras, aproveitade para facer traballo atrasado e poñervos ó día! 
Quen non me enviase o análise morfolóxico das frases de lingua castelá da semana pasada, este é o momento, aínda faltades bastantes!

Moito ánimo que o estades facendo xenial! Apertas!

 

Proposta do Departamento de orientación:

 

 

 

NOVO VÍDEO con todas as vosas aportacións  MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN DESFUTADE VISIONÁNDOO.

 

 

 

ESTA SEMANA A EMOCIÓN É : EMPATÍA

 

ESPERO OS VOSOS DEBUXOS OU IMAXES (antes do venres), QUE VOLVERÁN A SUBIRSE A WEB DO COLE O LUNS

 

 

 

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

 

Unha aperta do Departamento de Orientación

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Mate 6º soluciones 1º Trimestre.pdf376.58 KB
Solucións Proba Control Naturais 6º.pdf77.82 KB
Solucións Proba Control Sociais 6º.pdf74.41 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer