SEMANA 14-17 ABRIL

Bo día familias, agardo que sigades estando ben de saúde e que vos esteades a coidar.

Adxúntovos unhas fichas coas tarefas a facer. Que sexan catro non significa que sexan unha para cada día, podédelas facer cando vos consideredes oportuno. O importante nestes momentos é que tanto vos como os cativos esteades ben.

Lembrade que cada neno ten un ritmo madurativo, asi que as fichas tamén as podedes adaptar as capacidades de cada un (con maior ou menor complexidade).

E calquera cousiña non olvidedes que podedes falar comigo sempre que o precisedes polo conta de correo, aínda que non sexa polas fichas ou as dúbidas.

Unha aperta para todos e un bico moi forte para os vosos cativos.

 

PROPOSTA DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:

Xa estamos de volta, neste 3º trimestre dende o Departamento de Orientación queremos traballar todas as EMOCIÓNS que estamos a vivir estes días, que xa son semanas. Por iso, imos comezar un novo proxecto:

        EMOCIONÁMONOS XUNTOS  NA CASA  

Participar é moi fácil:

Cada semana indicarase unha emoción diferente dende a web do colexio, NO APARTADO DE ORIENTACIÓN

Tedes que pensar e facer un DEBUXO ou unha FOTO que exprese esa emoción.

Enviar o debuxo ou foto ao CORREO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN antes do VENRES:

 

                                orientaatios@gmail.com

O departamento recompilará todos os recibidos e creará un vídeo semanal, que publicará o luns da seguinte semana; xunto coa nova emoción.

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

ESTA SEMANA A EMOCIÓN É : FELICIDADE

 

AdxuntoTamaño
Tarefas semana 14 de abril.pdf138.24 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer