LISTAXE DE ADMITIDOS CURSO 2020/21

O SEGUINTE ALUMNADO FOI ADMITIDO NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2020/2021

4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

 NOTAS:

*O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula do 1 ao 10 de xullo.

E tamén cubrir e entregar o a documentación que falta (solicitudes de transporte e comedor, autorización de uso de imaxe, fotografías...)

Encárgase o centro de convocalos telefonicamente a unha reunión por esas datas.

*Se finalizado este prazo non se presenta o papel de formalización enténdese que se renuncia á praza.

 

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS - TRANSPORTE E COMEDOR VINDEIRO CURSO

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO, PORTÁTILES, TABLETS E ROUTERS

*DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO do fondo solidario non se fará mentras non remate o curso.

Igualmente a DEVOLUCIÓN DE TABLETS, PORTÁTILES E ROUTERS.

Xa comunicaremos as datas para facelo dun xeito ordeado evitando as aglomeracións.

 

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2020/21

*En relación co TRANSPORTE e COMEDOR aínda non saíron instruccións.

Xa informaremos das datas para que poidades presentar as solicitudes.

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS RICARDO CARVALHO CALERO

 

Hoxe os galegos estamos de festa, xa que celebramos o día das Letras Galegas.

Na que se homenaxea a aquelas persoas que destacasen pola súa creación en lingua galega, como é o caso de Ricardo Carvalho Calero.

Durante esta semana traballamos diversos aspectos da súa vida e obra e colaboramos no “Reto Verdescente” elaborando un fermoso vídeo coas fotografías que nos enviastes.

Agardamos que vos guste. Para velo pulsade aquí.

 

 

 

A

 

 

Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero

 

Esta semana traballaremos sobre o autor Ricardo Carvalho Calero, sobre a súa vida e a súa obra así como algunhas curiosidades sobre o mesmo. Para iso contades cunha infografía e diversos enlaces para realizar actividades interactivas e manipulativas que vos facilitarán resolver o Kahoot que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparamos.

 

Se queredes divertirvos aprendendo pulsade  aquí

    

                       

 

MATRÍCULA 2020/2021 - PETICIÓN DE CITA PREVIA

MATRÍCULA CURSO 2020/2021 – PETICIÓN DE CITA PREVIA

Tendo en conta as “recomendacións sanitarias a establecer nos centros educativos para a atención ao público” publicadas no DOG do día 6 de maio e para poder aplicar as medidas de protección informamos que:

*Deberán solicitar cita previa para atendelos de forma presencial no centro educativo (especialmente para a entrega da documentación relacionada co proceso de matrícula )

*Teléfonos do centro: 886110483 – 886110484

REAPERTURA DO PROCESO DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2020/2021

Informamos sobre os novos prazos relacionados co proceso de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21, publicados no DOG de hoxe.

NOTAS ACLARATORIAS:

-As solicitudes de admisión son só para alumnado de novo ingreso.

-O alumnado de 6º de Educación Primaria que fixo a Reserva de praza no IES Pino Manso non ten que presentar nada polo momento. Informaráselle da data concreta para a presentación da matrícula no instituto cando no la confirmen.

 

*Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Dende o día 11 de maio de 2020 ata o día 18 do mesmo mes.

 

*Outros prazos do procedemento.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

 

RECORDAMOS QUE:

*Poderán descargar os impresos na seguinte aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou solicitalos na secretaría do colexio.

*Unha vez cumprimentados deberán entregalos na secretaría do centro acompañados da seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas).

- Certificado do colexio de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2019-2020 (só alumnado procedente doutro centro).

- Certificado de empadronamento onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar.

- Convenio regulador ou Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.

- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

* Tamén poden facelo cumprimentando e presentando a solicitude de forma electrónica, na mesma aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado acompañada de copias en soporte electrónico da documentación.

 

RETO VERDESCENTE LETRAS GALEGAS 2020

                             LETRAS GALEGAS 2020

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega solicitamos a vosa colaboración para realizar diversas tarefas relacionadas coas Letras Galegas. Adicadas este ano a Ricardo Carvalho Calero.

A primeira delas e una actividade intercentros titulada ”Reto Verdescente”

Se queredes saber máis pulsade aquí

 

   

SE QUERES AVENTURA... LÁNZATE Á LECTURA!!

De  aventuras, de misterio, románticos, de superación, mitoloxía, comics, humor, fantasía, convivencia, igualdade…. Hai tantos temas e tipos de libros e todos están ao voso alcance… Aquí tedes unha proposta queredes velo? disfrutade do día do libro....

 

    

 

 

SORPRESA

Xa está aquí a sorpresa que vos prometéramos... queremos facervos chegar de algunha maneira non so un bico senón miles de eles..... Queredes saber cómo?

 

     

VIDEOCONFERENCIAS COS PROFES... CÓMO FACER?

Bos días, qué tal de vacacións? espero que todo ben polas vosas casas... dende o voso cole vos invitamos a ter unha conexión máis estreita con vos, para iso temos unha ferramenta nova que son as videoconferencias. Recibiredes unha mensaxe no ABALAR MÓVIL  co día e hora de conexión e código de acceso.

Para saber qué tedes que facer vos queda aquí un vídeo explicativo, ánimo e bicos virtuais.

    

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer