NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS
Enviado por rdevesa o Ven, 03/13/2020 - 15:44Novas instruccións sobre o Coronavirus:
INFORMACIÓN RELACIONADA CO PROCESO DE ADMISIÓN
Enviado por m.jesusarodriguez o Lun, 03/02/2020 - 13:40
-NORMATIVA REGULADORA DA ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS:
*Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro).
*Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo).
*Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro)
-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 23 de marzo incluídos.
-PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS (cando se denegue a consulta automática):
Naqueles centros e para as ensinanzas nas que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo do 26 de marzo ao 16 de abril para a presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados.
-LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO:
*Publicarase no taboleiro do centro e na paxina web. a relación nominal do alumnado admitido e non admitido (listaxes provisionais) antes do 25 de abril.
*Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de cinco días hábiles posteriores á súa publicación.
*As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.
-PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
*O alumnado admitido no centro deberá formalizar a súa matrícula do 20 ao 30 de xuño.
*Se finalizado este prazo non se presenta o papel de formalización enténdese que se renuncia á praza.
-NOTAS INFORMATIVAS:
*Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar.
*Resultarán ineficaces as solicitudes cando se presente máis dunha solicitude para a mesma ensinanza no mesmo centro ou en centros diferentes ou cando se comprobe a falsidade da documentación achegado polo interesado ou interesada.
*Se un alumno/a que xa ten garantía de permanencia nun centro presenta solicitude de admisión en outro centro distinto deberá comunicalo ao primeiro centro, antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.
*Pódese cubrir a solicitude e consultar o estado de tramitación da mesma na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
*ÁREA DE INFLUENCIA:
-Parroquia de Atios
-Rúa Domingo Bueno dende o nº 62 e o parque infantil ata o final
-Rúa San Sebastián dende o nº 50 e 59 ata o final
-Rúa Manuel Rodríguez dende o nº 84 e 65 ata o final
-Rúa Leandro Diz dende o nº 6 e 13 ata o final
-Rúa Carrola completa
*SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:
-SERVIZO DE COMEDOR, que conta actualmente con 130 prazas.
-SERVIZO DE TRANSPORTE, contando con catro autobuses
EMPRESA RAÚL |
LUCHO |
||
GUÍA |
VILAFRÍA |
ALBARÍN |
INSUAS |
EIDOS |
LIBOEIRA |
CARTEIRO |
INSUAS |
NATIVIDADE |
FONTENLA |
OUTEIRO |
|
GUÍA |
VILAFRÍA |
TORRE |
|
PONTENOVA |
CASILLA |
PORTELA DE SOUTO |
|
SAN SEBASTIÁN |
|
ALBARÍN |
|
*CENTROS ADSCRITOS:
I.E.S. PINO MANSO (O PORRIÑO)
LISTAXE PROVISIONAL DE USUARIOS DE TRANSPORTE 2019-2020
Enviado por rdevesa o Xov, 07/18/2019 - 09:14Iste é a listaxe provisional de alumnado admitido no servizo de transporte parao curso
2019-2020.
LISTAXE PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR 2019-2020
Enviado por rdevesa o Dom, 07/14/2019 - 23:00Publicada a lista provisional de usuarios do servizo de comedor:
Pinche no adxunto para ver as listaxes
As listas provisionais de admitidos ao comedor escolar e as listas de reserva elaboradas polo Consello Escolar expóñense, de acordo co disposto no Regulamento 2016/678 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016.
Ábrese de seguido un prazo de 5 días para a presentación de alegacións.
Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, poderán ser suspendidos pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días
TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2019/2020
Enviado por m.jesusarodriguez o Xov, 06/13/2019 - 18:02
COMUNICADO ÁS FAMILIAS
*Aqueles interesados/as en facer uso dos servizos complementarios (COMEDOR e TRANSPORTE) para o vindeiro curso 2019/2020 deberán cubrir as solicitudes correspondentes que poderán coller no colexio en horario de secretaría (10:50h. a 11:40h.) ou imprimir na páxina web do colexio.
*Documentación: entregaranse as solicitudes xunto cun Certificado de convivencia expedido no ano 2019 no horario de secretaría.
*Prazo: ata o día 27 do presente mes ás 14:00 horas.
INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:
*Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km.
Acórdense de comprobar a distancia xa que a teñen que especificar na solicitude.
Para manter a condición de usuario lexítimo é necesario que se faga un uso continuado do transporte ao longo do curso. E a falsificación de datos invalida a solicitude.
*Poderase autorizar o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. sempre e cando queden prazas vacantes no autobús.
* Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio pero poderase autorizar se aínda quedan prazas vacantes.
Estas autorizacións serán unicamente para o curso 2019/2020 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.
INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:
*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade de 4,50 € por día de servizo.
Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.
*Terán dereito a este servizo os de novo ingreso que teñan algún irmán xa escolarizado con carácter forzoso no centro.
*Os interesados/as neste servizo tamén teñen que cumprimentar o Anexo II de autodeclaración (cos datos da renda do 2018) para determinar a tarifa que lles corresponde abonar por día de uso do servizo.
Non están obrigados a cumprimentar este anexo os alumnos/as que se atopen nalgunha das seguintes situacións,acreditadas documentalmente:
Situación socioeconómica exclusión social.
Acollemento residencial ou familiar.
Discapacidade declarada igual ou superior ao 33%
Vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.
Atios, 13 de xuño de 2019
A secretaria
PODEN IMPRIMIR OS IMPRESOS PINCHANDO NOS ARQUIVOS ADXUNTOS
VIDEOS DE NADAL!!!!
Enviado por cgcostas o Mar, 01/16/2018 - 17:38LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/2018
Enviado por m.jesusarodriguez o Mar, 07/04/2017 - 12:31Pinche no documento adxunto para visualizar a lista de libros de texto para o vindeiro curso escolar (2017/2018)
GRADUACIÓN 2017
Enviado por cgcostas o Xov, 06/29/2017 - 17:17- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »