Recollida solidaria- A HORA E DAR

Estimadas familias:

 

Dende o Concello do Porriño, e tal e como acordaron os nenos e nenas no pleno do consello municipal de infancia celebrado o pasado 20 de novembro, con motivo da conmemoración do día dos dereitos da infancia, voltaremos a organizar unha iniciativa solidaria consistente nunha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés, que logo serán distribuídos entre familias con menos recursos do concello.

 

Todo o recollido será distribuído a través do SOS Porriño e Servizos de Asuntos Sociais do Concello entre as familias que o necesiten no Porriño e nas súas parroquias.

 

Esta iniciativa, para a que nos gustaría contar coa vosa colaboración, comezará o próximo 1 de decembro e rematará o 19 de decembro, e realizarase fundamentalmente en colaboración cos centros escolares, nos que se instalarán puntos de recollida.

 

Agradecemos que nos axudedes a darlle a máxima difusión a esta iniciativa, animando a participar a toda a comunidade educativa, recomendándolle que deixen sobre todo Cueiros, Cremas, Toalliñas, Purés, Leites e Alimentos infantís de todo tipo no punto de recollida que se instalará no voso centro.

 

Por todo elo MOITAS GRAZAS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer