SAMAIN-HALLOWEEN

Estimadas familias. Unha vez máis chega o Samain e seguindo a tradición imos a facer no colexio unha exposición de cabazas terroríficas para o que pedimos a vosa colaboración. Todos aqueles que queirades participar podedes traer a vosa cabaza co nome e curso do alumno/a o xoves 27 de outubro (NON SE RECOLLERÁN ANTES).

Ademais participando nunha actividade organizada dende o Concello recollerán as cabazas o venres 28 ás 12:00 horas para expoñelas polas rúas de O Porriño.

Os que non queirades que as leven tedes que avisarnos con antelación e recollelas o venres á saída do colexio.

A retirada das cabazas que estén xa nas rúas non poderá realizarse ata as 23:55 h do sábado 29 de outubro.

Aqueles nenos e nenas que o desexen poderan vir disfrazados o venres 28 de outubro.

Grazas e un saúdo

O Claustro do CEIP Plurilingüe de Atios

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer