PLAN MADRUGA

      

 

PLAN MADRUGA

                                    INFORMACIÓN PARA NAIS E PAIS CURSO 2020/2021

 

SERVIZOS QUE INCLÚE:

 

·        Atención do neno/a con ou sen almorzo  antes da entrada ao colexio.

·        Elaboración de menús diarios saudables e equilibrados.

·        Material de xogo e programa de actividades lúdico-educativas.

·        Acompañamento ás aulas dos máis pequenos e custodia dos maiores ata a hora de entrada.

·        Persoal especializado.

 

HORARIO:

·        Días lectivos de 07:30 a 9:10. A hora de entrada ao Servizo dependerá das necesidades de cada familia.

 

OBXECTIVOS EDUCATIVOS DO PROGRAMA:

 

Educación para a Saúde:

.     Proporcionar unha alimentación suficiente, variada e equilibrada.

.     Por en práctica as normas hixiénico-sanitariasbásicas (lavadodemans, hixiene bucodental...).

.     Uso axeitado dos utensilios e mantemento de posturas correctas namesa.

 

Educación para a Convivencia:

.     Espertar no neno/a o espírito de cooperación, implicándoo nas tarefas do almorzo e na colaboración entre compañeiros.

.     Lograr un comportamento correcton a mesa e crear un ambiente de diálogo e boa convivencia en grupo.

 

Educación para o ocio:

.     Planificar actividades lúdicas que contribúan ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

 

O MENÚ:

 

A composición do menú esta baseada  en recomendacións de expertos en alimentación e nutrición infantil cunha elaboración a base de leite , cacao, galletas, cereais e zumes.

 

LISTA DE PREZOS:

 

 

DÍAS AO MES

con almorzo

sen almorzo

Mes completo

50,00 €

35,00 €

Medio mes ( 10 días)

25,00 €

18,00 €

Esporádicos

4,75 €

4,00 €

 

 

Pago do servizo:

-       Modalidade de Pago: mediante domiciliación bancaria na primeira semana de cada mes.

 

Preinscripcións:

Para realizar a preinscripción poden mandar datos dos nenos/as ao correo electrónico:

   atiosanpa@gmail.com

 

PLAN MADRUGA

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer