OS MAIOS

Festa dos maios

A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio) se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

Celebracións en Galicia

En Galicia vén celebrándose habitualmente o 1º de maio, se ben en Ourense fano o día 3, día da Santa Cruz [3], que na tradición cristiá representa a árbore da que nos veñen a vida, a saúde e a resurrección, segundo di o introito á celebración da misa nese día.
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.
É costume facer competicións, premiando as mellores esculturas e as mellores cantigas.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer