SECRETARÍA

REUNIÓN ALUMNADO 4ºE.I. CURSO 2021/22

REUNIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO MATRICULADO PARA 4º ED. INFANTIL 

Convócase a unha reunión coa titora ás familias do alumnado que se vai a incorporar ao centro en 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso escolar (2021/22):

DÍA: 24 DE XUÑO (XOVES)

HORA: 10H.

Non se poderán traer os nen@s e só poderá acudir un proxenitor.

Rogamos aproveiten ese día para traer a formalización de matrícula e a documentación que falta. Está todo detallado no seguinte aviso.

LISTAXE DE ADMITIDOS CURSO 2020/21

O SEGUINTE ALUMNADO FOI ADMITIDO NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2020/2021

4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

 NOTAS:

*O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula do 1 ao 10 de xullo.

E tamén cubrir e entregar o a documentación que falta (solicitudes de transporte e comedor, autorización de uso de imaxe, fotografías...)

Encárgase o centro de convocalos telefonicamente a unha reunión por esas datas.

*Se finalizado este prazo non se presenta o papel de formalización enténdese que se renuncia á praza.

 

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS - TRANSPORTE E COMEDOR VINDEIRO CURSO

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO, PORTÁTILES, TABLETS E ROUTERS

*DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO do fondo solidario non se fará mentras non remate o curso.

Igualmente a DEVOLUCIÓN DE TABLETS, PORTÁTILES E ROUTERS.

Xa comunicaremos as datas para facelo dun xeito ordeado evitando as aglomeracións.

 

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2020/21

*En relación co TRANSPORTE e COMEDOR aínda non saíron instruccións.

Xa informaremos das datas para que poidades presentar as solicitudes.

MATRÍCULA 2020/2021 - PETICIÓN DE CITA PREVIA

MATRÍCULA CURSO 2020/2021 – PETICIÓN DE CITA PREVIA

Tendo en conta as “recomendacións sanitarias a establecer nos centros educativos para a atención ao público” publicadas no DOG do día 6 de maio e para poder aplicar as medidas de protección informamos que:

*Deberán solicitar cita previa para atendelos de forma presencial no centro educativo (especialmente para a entrega da documentación relacionada co proceso de matrícula )

*Teléfonos do centro: 886110483 – 886110484

REAPERTURA DO PROCESO DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2020/2021

Informamos sobre os novos prazos relacionados co proceso de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21, publicados no DOG de hoxe.

NOTAS ACLARATORIAS:

-As solicitudes de admisión son só para alumnado de novo ingreso.

-O alumnado de 6º de Educación Primaria que fixo a Reserva de praza no IES Pino Manso non ten que presentar nada polo momento. Informaráselle da data concreta para a presentación da matrícula no instituto cando no la confirmen.

 

*Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Dende o día 11 de maio de 2020 ata o día 18 do mesmo mes.

 

*Outros prazos do procedemento.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

 

RECORDAMOS QUE:

*Poderán descargar os impresos na seguinte aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou solicitalos na secretaría do colexio.

*Unha vez cumprimentados deberán entregalos na secretaría do centro acompañados da seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas).

- Certificado do colexio de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2019-2020 (só alumnado procedente doutro centro).

- Certificado de empadronamento onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar.

- Convenio regulador ou Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.

- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

* Tamén poden facelo cumprimentando e presentando a solicitude de forma electrónica, na mesma aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado acompañada de copias en soporte electrónico da documentación.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/2018

Pinche no documento adxunto para visualizar a lista de libros de texto para o vindeiro curso escolar (2017/2018)

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2014/2015

 

 MATRICULACIÓN ESCOLAR CURSO 2014/2015

Comunicamos que do día 1 ao 20 de marzo de 2014 (ambos incluídos) estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2014/15.

Poderán descargar os impresos de solicitude nesta páxina (Anexo) ou recollelos no colexio no seguinte horario:

-De 09:30h. a 10:00h.

-De 10:50h. a 11:40h.

Anexo

 

 

LISTADO DE ALUMNOS/AS NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2013/2014

LISTADO DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS CURSO 2013/2014

APERTURA PLAZO DE MATRÍCULA

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer