CEIP Daría González García

Benvid@s


 

CEIP DARÍA GONZÁLEZ GARCÍA - PONTEVEDRA

Código do centro: 36006316

Becas e axudas para alumnado con NEAE

ABERTO O PRAZO para a solicitude das becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Desde o 30 de abril ao 13 de setembro.

Podes atopar máis información aquí.

ADMISIÓN: listaxe de alumnado admitido e non admitido curso 2024/2025

Desde hoxe, xoves 25 de abril, están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes de alumnado admitido e non admitido para o curso 2024/2025.

Información sobre a avaliación individualizada de 4º de Educación Primaria

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no documento adxunto, dirixido ás familias.

Descarga AbalarMóbil e desfruta das súas vantaxes!

Descarga AbalarMóbil agora e recibe as notas do teu fillo/a o venres 22 de marzo, ás 10 da mañá, antes incluso de que cheguen a casa!

Pero iso non todo, con esta aplicación tamén podes xustificar faltas de asistencia de xeito rápido e sinxelo, solicitar titorías cos profesores para abordar calquera dúbida ou preocupación, e recibir notificacións importantes do colexio sobre eventos, avisos e máis.

Non perdas a oportunidade de estar máis involucrado na educación do teu fillo/a e de facer a súa experiencia escolar aínda máis exitosa. Descarga agora a aplicación AbalarMóbil e desfruta das súas vantaxes!

Dispoñible en Play Store e App Store.

Máis información pinchando AQUÍ

VACANTES PARA O CURSO 2024/2025

Educación Infantil

4º EI ....................... 8 (3 prazas NEAE)

5º EI ....................... 0

6º EI ....................... 0

Educación Primaria

1º EP ....................... 0

2º EP ....................... 0

3º EP ....................... 3

4º EP ....................... 0

5º EP ....................... 14

6º EP ....................... 5

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Se te convencemos Guay

Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo 

Reserva de praza en IES adscritos para o curso 2024-2025

As familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria matriculados no curso 2023-2024 no CEIP Daría González García poden reservar plaza para cursar 1º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) en dous institutos: no IES Luis Seoane e no IES Frei Martín Sarmiento, que son os centros de adscrición do noso CEIP. Para iso, terán que entregar a solicitude de reserva de praza dende o día 15 de xaneiro de 2024 ata o 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos. 

A continuación detállase o procedemento para cumplimentar este trámite:

Cubrirase a solicitude na aplicación admisionalumnado ou en formato físico descargando a solicitude a través desta ligazón ou solicitando o impreso no centro.

Presentarase a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, a propia aplicación de admisionalumnado xa permite facelo dirixindo ao sitio, ou de xeito presencial no CEIP Daría González García.

O día 22 de febreiro publicarase a listaxe de admitidos.

 

As familias que desexen que o/a seu/súa fillo/a estude noutro IES distinto aos centros adscritos, terán que facer entrega da solicitude de admisión de praza entre os días 1 de marzo de 2024 ata o 20 de marzo de 2024.

 

Bono deporte

Pinchando AQUÍ pódese acceder á información e descarga do bono deporte. Cada bono terá un valor de 120€ e terá a consideración de bono desconto do 80% da compra ou servizo adquirido.

Do noso centro son beneficiarios todos os alumnos e alumnas de 2º de Primaria a 6º de Primaria por participar no Programa XOGADE. Tamén o sería o alumnado de 6 anos se estivese federado nalgún deporte.

Esperamos que esta información sexa do voso interese.

Distribuir contido