CEIP Daría González García

Reserva de praza en IES adscritos para o curso 2024-2025

As familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria matriculados no curso 2023-2024 no CEIP Daría González García poden reservar plaza para cursar 1º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) en dous institutos: no IES Luis Seoane e no IES Frei Martín Sarmiento, que son os centros de adscrición do noso CEIP. Para iso, terán que entregar a solicitude de reserva de praza dende o día 15 de xaneiro de 2024 ata o 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos. 

A continuación detállase o procedemento para cumplimentar este trámite:

Cubrirase a solicitude na aplicación admisionalumnado ou en formato físico descargando a solicitude a través desta ligazón ou solicitando o impreso no centro.

Presentarase a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, a propia aplicación de admisionalumnado xa permite facelo dirixindo ao sitio, ou de xeito presencial no CEIP Daría González García.

O día 22 de febreiro publicarase a listaxe de admitidos.

 

As familias que desexen que o/a seu/súa fillo/a estude noutro IES distinto aos centros adscritos, terán que facer entrega da solicitude de admisión de praza entre os días 1 de marzo de 2024 ata o 20 de marzo de 2024.