CEIP Daría González García

Plan Proxecta (Aliméntate ben), Froita na escola, O sabor da aventura está no mar

Proxectos

 

 

 

 

 

 

Froita na escola

Un ano máis, co obxectivo de fomentar a vida saudable e o consumo de froita fresca entre o noso alumnado, o CEIP Daría González García, dentro do proxecto "Alimentate ben", dos Plans Proxecta, participa no programa "Froita na escola" subvencionado con fondos da Unión Europea e o do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). Durante as vindeiras dúas semanas (do 6 ao 17 de febreiro) todo o alumnado recibirá na hora de recreo unha peza de froita que variará ao longo da semana.

 

Aliméntate ben

Froita na escola:

Obxecto: consiste nunha axuda de (0,25 € por alumno/día) cun máximo de 20 días por curso, destinada ao reparto gratuíto de toda clase de froita fresca ao alumnado de 3 a 16 anos de idade.


Criterios de selección: Indispensable ter sido autorizado no programa de distribución de froita nos centros escolares.Tras a publicación da convocatoria da axuda no DOG deberá presentar a solicitude de autorización para completar o proceso de inscrición ao Plan Proxecta na modalidade de Froita nas escolas. (o feito de solicitar a participación no Plan Proxecta non é suficiente para a inclusión no Programa de Froita na Escola sen a presentación de dita solicitude de autorización).

Máis información:

http://www.alimentacion.es/gl/plan_de_consumo_de_frutas_en_las_escuelas/planConsumo/default.aspx

 
     

Distribuir contido

Distribuir contido