Skip to Content

RECREOS RESIDUOS 0

O CEIP da Laxe comeza unha nova aventura e vos invitamos a participar connosco no programa  «RECREOS RESIDUOS CERO« que consiste en motivar ao alumnado para que nos seus almorzos e merendas non haxa residuo ou o mínimo posible. Para iso deberán usar envases retornables como fiambreiras para sólidos e cantimploras para a agua a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun solo uso como plásticos, papel de aluminio, etc.

 

 

25 N - CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A NOSA BIBLIOTECA XA ESTÁ PREPARADA PARA O 25 N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

 

"A ÚNICA PERSOA QUE ESTARÁ CONTIGO TODA A VIDA, ERES TI.

POLO QUE ÁMATE, CONSIDÉRATE, CUÍDATE E VIVE ORGULLX DE TI"

 

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e os procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellaría e en centros privados concertados no curso 2020/2021 (Orde do 6 de novembro de 2020 - DOG)

BENEFICIARIO DESTA AXUDA: O  alumnado que neste curso 2020/2021 recibiron a axuda para adquirir material escolar. Polo tanto non teñen que solicitala.

 

PODEN SOLICITALA:  O alumnado que non foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Perteneza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renta da unidade familiar.

 

ONDE ENTREGALA:

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo: http://www.edu.xunta.gal

c)Na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdalaxe/

 

CANDO ENTREGALA:

O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte a da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (6/11/2020).

Do día 16 de novembro ata o 27 de novembro de 2020.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

1. As personas interesadas deberán presentar cos solicitude (anexo I) a seguinte

documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademáis deberán presentar a sentencia xudicial e/o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

                                                    

DESCARGA AQUÍ OS ANEXOS

PRÓXIMA APERTURA

ESTAMOS A PREPARAR O RINCONCIÑO VIRTUAL DE EDUCACIÓN FÍSICA.

NEL  ATOPAREDES A MOSTRA DALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE LEVAMOS A CABO NAS SESIÓNS SEMANAIS,  ASÍ COMO UN APARTADO ADICADO A PROPOSTAS PARA REALIZAR ACTIVIDADE FÍSICA EN FAMILIA NAS FINS DE SEMANA OU VACACIÓNS.

XA QUEDA POUCO!

I CONCURSO SAMAÍN

BOA TARDE TERRORÍFICA!

DESPOIS DUNHA COMPLICADA DECISIÓN, HOXE ANUNCIAMOS OS

GAÑADORXS DO I CONCURSO DE SAMAÍN...

DEBUXOS DE MONSTROS E RELATOS TERRORÍFICOS CON MOITO NIVEL! 


 

GAÑADOR RELATOS CURTOS (4º,5º e 6º EP)

 

GAÑADOR DEBUXO MONSTROS (1º,2º,3º EP)

 

 GAÑADORA DEBUXO MONSTROS (ED.INFANTIL)

MENÚ NOVEMBRO 2020

Clica sobre a imaxe para coñecer o menú de novembro.

BIBLIOTECA

ESTA SEMANA ESTAMOS A CELEBRAR O SAMAÍN. NON VOS ESQUEZADES DE VISITAR A BIBLIOTECA E VER O NOSO CARRO TERRORÍFICO! 

VAMPIROS, BRUXAS, PANTASMAS… ESTÁ CHEÍÑO DE OBRAS QUE METEN MEDO!!!

ESPERÁMOSVOS RAPAZADA!!

CARRO BIBLIO

ADIAMENTO DA CELEBRACIÓN DAS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Segundo a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, adíase a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos debido a situación derivada do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19 

I CONCURSO SAMAÍN

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA E DINAMINAZACIÓN DA LINGUA GALEGA, POÑEMOS EN MARCHA O

I CONCURSO DE DEBUXOS DE MONSTROS E RELATOS DE MEDO PARA CELEBRAR O SAMAÍN.

 

XA COMEZAN A VERSE AS PRIMEIRAS PROPOSTAS, E O NIVEL ESTÁ MOI ALTO!!

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E SER O GAÑADXR DUN CONTO TERRORÍFICO!! 

                                                                  CONCURSO SAMAÍN

XA ESTAMOS DE VOLTA

O PASADO VENRES 16 DE OUTUBRO, TIVEMOS A APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA.  DEPOIS DE MOITO TRABALLO, PARA DARLLE UN AIRIÑO RENOVADO E CUMPRINDO TODAS AS MEDIDAS DE ACORDO A SITUACIÓN ACTUAL, ESTABA LISTA PARA RECIBIR A NOSO QUERIDO ALUMNADO. 

UNHA XORNADA CHEA DE ILUSIÓN, NA QUE UNHA VEZ REPASADAS AS NORMAS E PROTOCOLO DE PRÉSTAMO, DISFRUTAMOS DA PROXECCIÓN E LECTURA DO CONTO DE "MARY POPPINS". UNHA UNIÓN PERFECTA, NA QUE DE ACORDO CO PROXECTO DE CENTRO DE ESTE ANO, O CINE, MOSTRAMOS COMO A MAXIA DOS LIBROS, PODE TRASPASAR PANTALLAS.

UNHA VEZ FINALIZADA, TIVEMOS A ENTREGA DE CARNETS E UN PEQUENO AGASALLO PARA OS NOSXS LECTORXS!

       

 

ESTAMOS PREPARADXS PARA NOVAS AVENTURAS!!

               

Distribuir contido


by Dr. Radut