Skip to Content

Articles

NOVOS TELÉFONOS DO CENTRO

SECRETARÍA....................886 110 435

DIRECCIÓN......................886 110 436

X. ESTUDIOS...................886 110 437

FAX......................................886 110 438

Novedades horarios 2011-2012

      Como xa sabedes, a orde da Consellería de Educación regula a vixiancia, dentro do recinto escolar, dos alumnos transportados. Con ese fin, a cancela do recinto do colexio abrirase todos os días ás 8:15 h. da mañán, pero só para recibir aos alumnos transportados. Permanecerá pechada ata as 8:35 h. (10 minutos antes da entrada) para o resto dos nenos.
      Estas son as ordes expresas da Consellería: "o profesorado de turno de vixiancia só se fará responsable dos alumnos transportados".

Javi no programa (AR)

Este luns 13 de xuño, Javi viaxou cos seus pais a Madrid para ser entrevistado en directo no programa de Ana Rosa Quintana.
Aquí tedes o resultado. 

¡Isto non para aquí!

Unha carta para o teu alcalde

O 1º premio do concurso "Unha carta para o teu alcalde"  foi obtido por un alumno do noso centro, un compañeiro voso, Javier Ramírez de 6º.
Esta foi a entrevista que lle concedeu a Tele 5 para o programa informativo emitido o Xoves 9 de xuño ás 21 h. da noite.
E... quen sabe? Ao mellor tamén o vemos nun programa de Ana Rosa Quintana.
¡Noraboa, Javi! En nome de todos os teus profesores e compañeiros do C.E.I.P. de Cruz-Budiño.

Nevada en Budiño

Este inverno sí que veu frío. Había moitos anos que non caía neve por estes nosos lares. Os nosos nenos non viron nunca dende logo a neve aquí no colexio.

Pois o 9 de xaneiro visitounos este fenómeno meteorolóxico e os nenos saíron a recibir esta neve "coma auga de maio".

 



by Dr. Radut