Skip to Content

Articles

Internet segura para os nosos fillos

Na vida real protexemos ós nosos fillos.

Por que non facemos o mesmo en internet?

 

Internet para Pais

Consellos para pais e fillos navegantes

A Asociación Española de Pediatría (AEP) propón as seguintes recomendacións a pais e xoves navegantes á hora de utilizar a internet:

Recomendacións para os pais:

  • Deixar que os nenos naveguen por internet si están acompañados.
  • Non poñer o ordenador na súa habitación.
  • Tentar poñernos informáticamente á altura dos nosos fillos.
  • Utilizar programas e filtros de protección parental para a navegación por internet.
  • Cando chateemos, nunca debemos dar nin pedir direccións, números de teléfono ou calqueira outra información que poida identificarnos.
  • Ter moito coidado cando se chatea con descoñecidos, xa que pode ser perigoso. É mellos saír do chat ou denegar o acceso a estas persoas.
  • Evitar por riba de todo chatear pola noite.
  • É bo que os pais chateen e naveguen xunto cos seus fillos de cando en vez.
  • É recomendable que os pais coñezan a clave de acceso de e-mail dos seus fillos.
  • E tamén e necesario consensuar con eles reglas para navegar por internet.

Cinco consellos para os xoves cibernautas:

  1. Desconfía da persoa que quere saber demasiadas cousas. Non deas ningunha información respecto de ti, ou da túa familia (por exemplo o teu nome, o teu número de teléfono, a túa dirección, a do teu colexio…) sin falar antes cos teus pais.
  2. Si recibes ou ves algunha cousa desagradable, ou que che parece rara, non trates de seguir investigando pola túa conta, fálao cos teus pais ou profesores.
  3. Si tes interés ou intención de atoparte físicamente con algunha persoa que coñeciches a través de internet, informa sempre aos teus pais e aconsella a quen quere coñecerte que faga o mesmo. Non vaias nunca só á cita. Deste xeito podes evitar algún encontro desagradable.
  4. Navegando, non entres nunca en sitios de pago nos que che solicitan o teu número de tarxeta de crédito ou que che soliciten o teu nome ou dirección.
  5. Si atopas un sitio onde está escrito “acceso proibido a menores” respeta esta indicación.

 

Aquí vos deixo unha páxina moi interesante por si vos atopades con algunha web indesexable e o queredes denunciar:   http://www.protegeles.com/

 

 




by Dr. Radut