IV CERTAME DE TEATRO DE BANDE

Hoxe día 18 de maio de 2011 os nenos e nenas de grupo de teatro do noso colexio participamos no XVI ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR que se celebrou no CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande  organizado por dito concello. As 14:30 tivo lugar a nosa actuación e representamos a obra "O arco da vella" cunha gran acollida entre o público. Queremos dar as gracias ao cole de Bande por acollernos  tan ben.