Durante a semana do libro celebrada nos centros educativos dende o 23 ao 26 de abril no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora elaboramos o libro viaxeiro de Merliño.
O equipo de biblioteca do noso colexio organizou un apadriñamento lector. Desta maneira os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º leeron un conto aos máis pequechiños de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria e estes agasallaronnos cun marcapaxinas decorado por eles.
Grazas aos lectores, aos oíntes e aos mestres e mestras por particpar.