Skip to Content

PROTOCOLO PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

 A protección de datos persoais supón, hoxe en día, unha preocupación tanto para o profesorado como para os proxenitores do alumnado, queremos facer chegar que o noso centro actuará sempre segundo o Protocolo vixente en cada momento que no seu putno 10.2 indica o seguinte:

 “ A este respecto debe terse en conta que a LOPDGDD regula tamén os dereitos dixitais e prevé expresamente a necesidade de consentimento para a publicación de imaxes en redes sociais ou servizos equivalentes.

É importante ter en conta que non pode limitarse o dereito do alumnado a participar nunha actividade concreta baixo a condición de que se autorice a captación e publicación da súa imaxe, de xeito que prima o dereito a participar nas actividades organizadas polo centro educativo sobre a difusión destas actividades. Da mesma forma, non deberá apartarse ou excluírse a menores cuxos pais non autorizaron a difusión da súa imaxe no momento de realizar a fotografía pois supoñería dalgunha forma forzar os pais para que consintan a difusión da imaxe dos seus fillos/as a fin de evitar esa situación de discriminación. Neste caso deberá evitarse a captación da imaxe daquelas persoas das que non se dispoña autorización para este tratamento, ou no caso de que non poida evitarse, editarase a imaxe antes da súa publicación, eliminando dela a estas persoas ou pixelando de forma que non resulten recoñecibles.”

Para máis información poden consultar o protocolo aquí.



blog | by Dr. Radut